Axudas ao apoio escolar do Concello de Arzúa

Os servizos sociais comunitarios do Concello de Arzúa INFORMAN que abreuse o prazo para a convocatoria de AXUDAS DE APOIO AO ESTUDO PARA O ANO 2021.
O obxecto destas axudas é facer efectivo o principio de igualdade no exercicio do dereito á educación e compensar a aquelas familias que polas súas condicións económicas presenten maiores dificultades para afrontar os gastos derivados da escolarización dos seus fillos e fillas.
Requisitos das persoas beneficiarias:
1.Ter empadroamento no concello de Arzúa.
2.Estar escolarizados nos niveis de educación infantil, primaria e secundaria
obrigatoria nalgún dos centros educativos do municipio.
3.Estar ao día no pago das obrigas tributarias, da seguridade social e das do concello
de Arzúa.
4.Non superar os ingresos que establece o baremo económico do artigo 6 da
convocatoria.
A contía das axudas será de 120euros para cada alumno ou alumna.

Picando na seguinte imaxe poderán acceder a toda a información relacionada con estas axudas.

Back to top