Esta fin de semana publicouse a nova da Deputación de A Coruña sobre o Concurso de Guións contra a violencia machista da área de Igualdade. As gañadoras deste concurso foron Ana Rodríguez Suárez e Andrea Peteiro Piñeiro, de 2º de bacharelato que xunto a súa profesora e titora Maca, elaboraron este guión co que pretenden "vencer o feminicidio na linguaxe das mozas e mozos para deste xeito construír un futuro en igualdade"

Podedes acceder á nova completa picando na seguinte imaxe.