Skip to Content

Erasmus +

Intercambio co Agrupamento de Escolas de Barcelos

O alumnado de 1°, 2° e 3° de portugués do IES Arcebispo Xelmírez II viaxou á localidade de Barcelos no norte de Portugal o día 23 de maio. O motivo da viaxe foi rematar unha actividade de intercambio de cartas entre o alumnado do Agrupamento de Escolas de Barcelos e o do IES Arcebispo Xelmírez II, enmarcada ademais no proxecto Erasmus+ do que ambos os centros forman parte. Despois de que a rapazada se coñecese e de realizar un almorzo xuntos, o alumnado compostelán aproveitou para coñecer o centro histórico, para practicar o aprendido durante o curso e para observar as similitudes e a relación cultural entre Galiza e a Lusofonía.

Barcelos01Barcelos02

Visita ao Lycée Porte Océane (Le Havre, Francia)

Dende este ano, o centro  desenvolve un programa europeo Erasmus + titulado: Excelencia a través da inclusión: aproveitando a diversidade social no ecosistema escolar. Neste contexto, as profesoras Pilar Tobar, Cristina Brión e o profesor Xaime Varela participaron entre o 2 e o 6 de maio nunha mobilidade en Le Havre (Francia) para coñecer in situ a realidade pedagóxica deste país.

Foron acollidos no Lycée Porte Océane situado no corazón desta importante cidade portuaria normanda que foi arrasada durante a II Guerra Mundial e inmediatamente reconstruída. Neste centro, similar ao noso canto ao número de alumnado, ofrécese o Bac générale, o professionel e o technologique; amais de tres BTS ou estudos de formación profesional. Daquela, durante cinco días, o profesorado estivo totalmente mergullado na praxe docente e pedagóxica francesa e coñeceu, de primeira man, o seu sistema académico a fin de observar que aspectos anovadores poderían ser integrados no noso centro e, deste xeito, repercutir na mellora da calidade formativa. 

Le HavreLe HavreLe Havre

Le HavreLe Havre

Visita ao Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal

Os profesores deste centro, Cristina María López Graça, María del Carmen Rey Sobral, Luis Mateo Sáez Abuín e María Villar Nieto visitaron entre os días 28 de febreiro e 4 de marzo de 2022 o Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal. Esta mobilidade enmárcase dentro das actividades que o centro desenvolve no programa europeo Erasmus + que solicitou este curso por primeira vez: Excelencia a través da inclusión: aproveitando a diversidade social no ecosistema escolar.

Os profesores fixeron unha estancia de observación, que consistiu en:

  • Intercambiar experiencias que permitan optimizar a idoneidade dos contidos formativos impartidos no noso centro.
  • Analizar o sistema educativo de Portugal.
  • Identificar actuacións, estratexias ou metodoloxías formativas innovadoras e exitosas.
  • Adquirir competencias para dar resposta ás necesidades de estudantes procedentes de entornos desfavorecidos e promover a tolerancia ante a diversidad na aula e a inclusión de colectivos desfavorecidos.
  • Coñecer o proceso de dixitalización da ensinanza en Portugal.

Visita a Barcelos

Ver máis fotos

Distribuir contido


by Dr. Radut