Visita ao Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal
- Participamos en...:
Os profesores deste centro, Cristina María López Graça, María del Carmen Rey Sobral, Luis Mateo Sáez Abuín e María Villar Nieto visitaron entre os días 28 de febreiro e 4 de marzo de 2022 o Agrupamento de Escolas de Barcelos en Portugal. Esta mobilidade enmárcase dentro das actividades que o centro desenvolve no programa europeo Erasmus + que solicitou este curso por primeira vez: Excelencia a través da inclusión: aproveitando a diversidade social no ecosistema escolar.
Os profesores fixeron unha estancia de observación, que consistiu en:
- Intercambiar experiencias que permitan optimizar a idoneidade dos contidos formativos impartidos no noso centro.
- Analizar o sistema educativo de Portugal.
- Identificar actuacións, estratexias ou metodoloxías formativas innovadoras e exitosas.
- Adquirir competencias para dar resposta ás necesidades de estudantes procedentes de entornos desfavorecidos e promover a tolerancia ante a diversidad na aula e a inclusión de colectivos desfavorecidos.
- Coñecer o proceso de dixitalización da ensinanza en Portugal.