Skip to Content

Proxecto vida activa e deportiva

Charlas "Deporte en igualdade. Perseveranza e esforzo"

Tiveron lugar o xoves 4 de abril de 2024 e asistiron tódolos alumnos da ESO organizados en varias quendas.
Foron impartidas por Bibí Bouza (presidenta do Club Voleibol Emeve), Lucía Prol (xogadora do clube), Lluvia Alcaraz, Claudia Alonso e Fabiola Ortega (xogadoras do Club Voleibol Emeve e alumnas do IES Ánxel Fole).
 
 

Visita ao Ánxel Carro

O 20 de marzo o alumnado de 2° ESO acudiu ao estadio Anxo Carro, invitados polo CD Lugo, para coñecer as instalacións e presenciar un adestramento do equipo. Houbo sorteos de camisetas e os xogadores asinaron autógrafos. 

Viaxe a Andorra para practicar esquí ou snow

O Departamento de Educación Física organizou unha viaxe a Andorra (estación de esquí Grandvalira, sector Grau Roig) con 46 alumnos de 1 ° de bacharelato, tivo lugar entre os días 3 e 10 de febreiro.

Álbum: Curso 2023/24 -> Excursión a neve

Actividade de iniciación ao boxeo (sen contacto).

Impartida polo Boxing Club Cidade de Lugo do 18 ao 21 de decembro do 2023. Dirixíuse a tódolos alumnos do centro a razón de unha sesión por grupo.

Álbum: Curso 2023/24 -> Boxeo sen contacto

Bailando no Fole

Información xeral

Álbum: Curso 2023/24 -> Bailando no Fole

Liga mixta multideporte IES Ánxel Fole. Curso 2023-24

Calendario e normas básicas 

 
 
 

ACTIVIDADE DE TIRO CON ARCO

Actividade que ten como obxectivos dar a coñecer este deporte e ampliar experiencias deportivas do alumnado. Faise en colaboración co CLUBE ESCOLA LUCENSE DE TIRO CON ARCO  (C.E.L.T.A.). Participan os alumnos de 2° ESO, 4° ESO e 1° de bacharelato, ten lugar nas semanas do 6 ao 10 e do 13 ao 17 de novembro e tódolos grupos teñen 4 sesións de clase. A progresión comeza con probas de lateralidade, test de forza de apertura en posición de tiro medida con dinamómetro, técnica de tiro e remata coa actividade de competición por equipos Run&Shoot.

Álbum: Curso 2023/24 -> Tiro con arco

Saída a Lucus Aventur

Actividade realizada, o 9 de outubro, co alumnado de 3° ESO no parque de aventuras Lucus Aventur.

 

Álbum: Curso 2023/24 -> Lucus Aventur

"Deixando Pegada"

Charla da Fundación Breogán


Impartida por Pedro Munitis
 
 
Celebrada o 17 de outubro no edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Participaron os alumnos de 1° de bacharelato.
 
Álbum: Curso 2023/24 -> Charla Breogán

Actividade de pádel e crossfit

O luns 19 de xuño,  alumnado de 3° da ESO visitou as instalacións deportivas Lucus Pádel e Lucus Crossfit para facer en cada unha delas unha sesión de iniciación

Álbum: Curso 2022/23 -> Pádel y Crossfit
Distribuir contido


by Dr. Radut