Skip to Content

Proxecto vida activa e deportiva

"Deixando Pegada"

Charla da Fundación Breogán


Impartida por Pedro Munitis
 
 
Celebrada o 17 de outubro no edificio Administrativo da Xunta de Galicia. Participaron os alumnos de 1° de bacharelato.
 
Álbum: Curso 2023/24 -> Charla Breogán

Actividade de pádel e crossfit

O luns 19 de xuño,  alumnado de 3° da ESO visitou as instalacións deportivas Lucus Pádel e Lucus Crossfit para facer en cada unha delas unha sesión de iniciación

Álbum: Curso 2022/23 -> Pádel y Crossfit

Actividade de hockey

O venres 16 de xuño desprazámonos ao polideportivo municipal Daniel Cordido con alumnos de 1° ESO para ver partidos do campionato de España categoría alevín de hockey liña

Álbum: Curso 2022/23 -> Actividad hockey

Tiro con arco e tenis de mesa

Os alumnos de 1°ESO participaron nunha actividade de promoción do tenis de mesa (nas instalacións do clube de tenis de mesa A Milagrosa) e do tiro con arco (nas instalacións da Escola Lucense de Tiro con Arco). Os grupos  B e C foron o día 23 e A e D o 25 de maio

Álbum: Curso 2022/23 -> Tenis de mesa e tiro con arco

Actividade de Piragüismo

O alumnado de 1° ESO participou nunha actividade de iniciación ao piragüismo os días 24 (grupos A e D) e 25 de maio (grupos B e C) nas instalacións do Club Fluvial de Lugo.

Álbum: Curso 2022/23 -> Piragüismo

Iniciación ao béisbol

A actividade de iniciación ao béisbol levada a cabo en colaboración co Lume Béisbol Club, tivo lugar os días 24 e 27 de abril e participaron tódolos alumnos de 1° e 2° ESO

Álbum: Curso 2022/23 -> Beisbol

Actividade de iniciación á escalada en rocha natural

Esta actividade tivo lugar o 19 de marzo en Baleira e participou o alumnado de 4º ESO e 1º e 2º de bacharelato

Álbum: Curso 2022/23 -> Escalada 2023

Calendario LIGA MULTIDEPORTE (fútbol sala, baloncesto e voleibol)

Faise no ximnasio do Centro e no polideportivo municipal nos recreos dos luns, martes, xoves e venres.

 

Ánxel Fole DANCE CUP

Actividade de baile en parellas que se fai os mércores no ximnasio do instituto.

Actividade de Judo

Participaron tódolos alumnos, fíxose no ximnasio do instituto os días 9, 11 e 12 de xaneiro en colaboración coa Escola de Judo Lvcvs Dojo.

Distribuir contido


by Dr. Radut