Skip to Content

Actividades do departamento de Tecnoloxía

Visita a Entrepinares

Visita dos alumnos de 1ºBac á factoría de Queixos Entrepinares en Vilalba, para coñecer as instalacións, o proceso productivo e os controis de calidade.

OBRADOIRO IDENTIDADE DIXITAL E REDES SOCIAIS

Dende o departamento de Tecnoloxía e no marco de desenrolo dos obxectivos do Plan Dixital do centro, o pasado luns 30 de outubro, organizouse unha charla de educación dixital co tema Identidade dixital e redes sociais" para o alumnado de 2º ESO. Nesta ocasión o obradoiro tivo lugar na clase de 2ºA. Próximas actividades desenvolveranse nos outros grupos e cursos.

 

Ponente: Manuel Rivas

Visita a Entrepinares, Vilalba

O venres 14 de outubro de 2022 o alumnado de Tecnoloxía e Economía de 4 ºESO asi coma os alumnos de 1ºBAC de Tecnoloxía e Enxeñería, disfrutaron unha amena visita a fábrica de queixo "Entrepinares" en Vilalba.

¡Moitas grazas polas interesantes explicacións!

Álbum: Curso 2022/23 -> Visita Entrepinares

Fuxe do rocho

Visita a SOTAVENTO

LIGA MAKER DRON

CONECTA

O ALUMNADO DE 2º ESO NA MATERIA DE TECNOLOXÍA ACADOU GRAN ÉXITO AMOSANDO AS SÚAS DESTREZAS NA MANIPULACIÓN DE ELEMENTOS ELÉCTRICOS

 

A proposta de traballo consistía en:

  • “Analizar, deseñar e construír un pequeno xogo de preguntas e respostas”

Condicións:

  • Ten que funcionar coa enerxía eléctrica dunha pila de 4,5 v.
  • A sinalización da resposta correcta producirase co alumeado dunha bombilla.
  • Mínimo catro preguntas.
  • A instalación eléctrica ten que quedar completamente por debaixo do cartón.
  • Poderanse empregar etiquetas para as preguntas e respostas, ou facer fotografías, debuxos, mapas, etc.
Álbum: Curso 2021/22 -> Conecta

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

VISITA VIRTUAL Á CENTRAL EÓLICA EXPERIMENTAL DE SOTAVENTO

     O pasado 20 de abril aproveitando a proximidade do DÍA DA TERRA, que neste ano 2021 celebrouse o xoves 22 , levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía consistente nunha visita virtual ao Parque Eólico Experimental de Sotavento.

    O Obxectivo desta visita virtual foi realizar unha divulgación e educación enerxética centrada nas enerxías renovables, o aforro, a eficiencia enerxética e a súa interrelación coa problemática ambiental. Se fixo un recorrido completo a unha vivenda bioclimática situada no propio parque , e na que é moi sinxelo aprender como ter en conta o seu deseño, ubicación e adaptación ao terreno para aproveitar os factores climatolóxicos.

    A pesar dalgún problema co audio, a visita virtual foi moi interesante e dous grupos de 3º ESO tiveron a sorte de disfrutala.

Álbum: Curso 2020/21 -> Visita Virtual SOTAVENTO

Arte, Robótica e Creatividade

ARTE, ROBÓTICA E CREATIVIDADE

         O derradeiro mércores 7 de abril levouse a cabo unha actividade organizada dende o Departamento de Tecnoloxía e desenvolvida polo equipo de área educativa de Afundación (Obra social ABANCA) , que se desprazou ata o IES Anxel Fole para levala a cabo, traendo con eles todo o material que se precisa para poder realizala (ordenadores portátiles, cables, tarxetas Microbit, e trebellos varios de robótica e electrónica.), e sempre tendo en conta as máximas medidas de seguridade.

 

        A actividade chámase "Arte, robótica e creatividade" e cunha duración aproximada de hora e media ten coma obxectivo subliñar a importancia de detectar unha necesidade ou marcar un factor diferencial á hora de deseñar un produto.O obradoiro consiste en crear un prototipo de mascarilla 3.0 e a programación de tarxetas Microbit a través de MakeCode.

 

        Tres grupos de alumnos de 3ºESO participaron neste Obradoiro organizado pola Área Educativa da Obra Social de ABANCA Afundación grazas a unha aula itinerante STEAM (ciencia, tecnoloxía e matemáticas nas súas siglas en inglés). O alumnado accedeu directamente ao concepto de programar con placas microbit. As actividades desta aula STEAM contan con códigos abertos e gratuítos de tal xeito que o alumnado pode continuar o seu traballo dende a casa.

Dende o departamento de Tecnoloxía

Álbum: Curso 2020/21 -> Tecnoloxías: nadal 2020
Distribuir contido


by Dr. Radut