IMPRESOS MATRÍCULAS CURSO 2024-2025

IMPRESOS DAS MATRÍCULAS PARA O CURSO 2024-2025.

Prema no arquivo correspondente para descargar o impreso da matrícula do curso 2024-2025

Consulte nas novas de esta páxina a/as datas de matriculación no centro

https://www.edu.xunta.gal/centros/iesalfredobranas/node/1839

Por cuestións organizativas prégase respecten a data estipulada para a matrícula, no caso de non poder poden facela efectiva calquer outro día entre o 28 de xuño e o 8 de xullo de 2024. 

 

 

DATAS MATRÍCULAS

DATAS PARA A MATRÍCULA

CURSO 2024-2025

Entre o 28 de xuño e o 8 de xullo establécense as seguintes datas para que o alumnado acuda ao servizo de administración do noso centro para acordar a mátrícula do próximo curso. Establécese dunha maneira escalonada pola cantidade de alumnado solicitando por parte da dirección que se respecten tanto as horas como o día/días establecidos.

No caso de non poder nos días propostos poden facela efectiva calquer outro día entre o 28 de xuño e o 8 de xullo de 2024. Agradecemos a súa atención. . 

As datas son as sque seguen en horario de 9 a 14 horas:

1º da ESO: 28 de XUÑO e 1 de XULLO

2º da ESO: 2 de XULLO

3º da ESO: 3 de XULLO

4º da ESO: 4 de XULLO

1º de BAC: 5 de XULLO

2º de BAC: 8 de XULLO

MEGABAU 2024

MEGABAU 2024

 

ACTO DE HOMENAXE AOS MELLORES EXPEDIENTES DE GALICIA ABAU 2024

Coliseum da Coruña, venres, 21 de xuño de 2024 ás 11:30h.






Este ano, as tres universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia (SUG) e da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional organizan o acto conxunto coñecido como "MEGABAU" onde se recoñecen os mellores expedientes dos centros de ensino galego de Bacharelato de toda Galicia. Cabe dicir que de todos e todas as estudantes que serán recoñecidas, o noso centro conta con 7 estudantes que acadaron dito recoñecemento.

A  listaxe de estudantes que acadaron dita excelencia do noso centro son: 

Baldomir Caamaño, Efrén

 Bértoa Lema, Alba

 Facal Suárez, Sara

 Goimil Liñares, Andrea

 Mato Lema, Nazaret

 Pérez González, Manuel

 Veiga Mourín, Pablo 

Pódedese consultar toda a información sobre o acto (acceso, photocall, programa,...) na seguinte dirección: www.udc.es/megabau 

Dende a dirección do centro e de todo o claustro queremos manifestar os nosos parabéns a este alumnado por acadar dito recoñecemento que ben merecido o teñen.

Tamén queremos deixar constancia que dos 66 alumnos/alumnas que asistiros as probas ABAU 2024, acadaron o aprobado 65 o cal nos congratula e felicitamos a todas e todos por ese ben merecido aprobado.

Finalmente desexamos que a nova vida que comenzades agora sexa de grandes éxitos e que non esquezades o voso paso polo IES Alfredo Brañas

EXAMES EXTRAORDINARIOS 1º DE BAC

EXAMES EXTRAORDINARIOS DE PRIMEIRO DE BAC

Publícase a seguinte información ao respecto dos exames extraordinarios de 1º de BAC que terán lugar entre o 19 e o 21 de xuño nas aulas de 1º de BAC A e B

DÍA/HORA 08:30-10.10 10.30-12.00 12.30-14.00
MÉRCORES 19 LINGUA GALEGA E LITERATURA

MATEMÁTICAS XERAIS

MATEMÁTICAS I

INGLÉS
XOVES 20 LINGUA CASTELÁ E LITERATURA MATEMÁTICAS APLICADAS BIOLOXÍA
VENRES 21 TECNOLOXÍA, FÍSICA E QUÍMICA, ECONOMÍA FILOSOFÍA ANATOMÍA APLICADA

 

 

TEATRO NO IES ALFREDO BRAÑAS

REPRESENTACIÓN TEATRAL 

ASISTENCIA DE BALDE

 

O próximo mércores, 19 de xuño, no Salón de actos do IES Alfredo Brañas vanse representar dúas obras de teatro.

As 20:00 horas representarase a obra: "E ti quen és? Toda ela protagonizada polo alumnado que pertence ao grupo de teatro do IES Alfredo Brañas.

As 21:00 horas representarase a obra: "A casa encantada. Crime ou Venganza". Esta obra será representada polo grupo de teatro "Vagalume Animación", grupo convidado onde participa alumnado do noso centro.

Entrada de balde ata completar aforo do salón de actos.

Esperamos a vosa asistencia

TEATRO

REPRESENTACIÓN TEATRAL

GRUPO DE TEATRO DO IES ALFREDO BRAÑAS

Este próximo xoves, 13 de xuño, e o próximo mércores, 19 de xuño, o grupo do teatro do IES Alfredo Brañas vai representar dúas obras. A do xoves 13 leva por titulo: "Quen quere ser princesa?", obra que van representar ao alumnado dos centros adscritos que van vir para o curso que vén a estudar ao noso centro. A obra do mércores 19, representarana ao alumnado do centro e leva por título "E ti quen és?" O noso IES aposta como parte da formación do alumnado a realización de actividades extraescolares sendo unha delas e de máxima relevancia o grupo de teatro que un ano máis  baixo a dirección de Javier Fraga e Mónica Liñares levan adiante obras de grande calidade despois de todo un curso ensaiando os martes de 14.30 a 16.00 horas. Parabéns

SOLICITUDE CICLOS FP

O prazo de presentación de solicitudes de admisión para ciclos de FP de grao medio ou superior para o curso 2024-2025 será desde o 24 de xuño ás 9:00 horas ata as 13:00 horas do 4 de xullo.

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision. Só estará dispoñible a partir do día 24 de xuño,  durante o prazo de presentación de solicitudes.

1. ENTRA EN: www.edu.xunta.gal/ciclosadmision

2. REXÍSTRATE (mediante unha das dúas opcións)

- Alta de solicitude sen certificado dixital e sen usuario

Para realizar a solicitude débese ir a www.edu.xunta.gal/ciclosadmision e premer sobre “Alta solicitude web”. Neste caso, solicitaráselle o DNI ou documento oficial de identificación (DOI) e un enderezo electrónico. Realizarase a solicitude seguindo as instrucións do sistema.

- Alta de solicitude con certificado dixital ou conta “edu.xunta.gal”

No caso das solicitudes para menores de 18 anos mostrarase un despregable para escoller se quere crear a solicitude como solicitante ou como pai/nai/titor. Tamén se dispón da opción “Confirmación de solicitude de fillos menores de idade” no caso de que a solicitude fose realizada polo outro pai/nai/titor. Despois pasarase a unha ventá de carga de datos persoais.

3. COMPLETAR OS DATOS E AS OPCIÓNS DE CENTRO E CICLOS.

No caso de alumnado con discapacidade ou deportista de alto rendemento/nivel, deberá indicalo.

4. CONFIRMACIÓN DA SOLICITUDE.

A aplicación avisará no caso de que fose necesario achegar documentación, que poderá engadirse en soporte electrónico. Non será necesario presentar o resgardo da solicitude nin a documentación nun centro, agás que a aplicación indique.

 

VÍDEO DE AXUDA

 MÁIS INFORMACIÓN www.edu.xunta.gal/fp/admision-fp-24-25

 

 

ABAU EXTRAORDINARIA

REUNIÓN FAMILIAS 6º PRIMARIA

PROBAS ABAU 2024

PROBAS ABAU 2024

 

 

Dende a dirección do Ies Alfredo Brañas xunto todo o claustro do profesorado queremos desexarlle as máximas das sortes ao noso alumnado que entre o martes 4 de xuño e o xoves 6 de xuño se enfrontan as probas abau que van determinar, xunto coa nota media obtida na súa etapa post obrigatoria (Bacharelato), o seu acceso á carreira universitaria que escolleron. Mandámoslles toda a forza posible e que o esforzo de estes dous anos, principalmente de este último mes, teña a súa regalía. Ánimo e que a "deusa sabedoría" vos alumee nestes días.

En adxunto compartimos os horarios das probas

Distribuir contido