Concurso de Belenes de Reciclaxe
O departamento de relixión do IES Alfoz - Valadouro realizou un concurso de belenes con materiais reciclados.
Podedes ver os catro blelenes na galería do centro.
Gañador Cesta Nadal
O alumnado de segundo ciclo da ESO, organizou unha rifa dunha cesta de nadal para recaudar cartos e poder viaxar a París, durante este curso escolar.
O mércores 18 de decembro realizouse o sorteo con todas as rifas vendidas e o agraciado foi una lumno de cuarto curso, que aínda non o cree.
Diaporamas Samaín 2013
Diaporamas do día de Samaín 2013 da clase de 4º ESO Informática.
Dani Cao.
Eugenio Braña
Andrea Vázquez
Reyes Braña
Dani Cuba
Concurso de carteis: Samaín, Magosto 2013
Convócase o concurso de carteis para anunciar a festa que se vai facer no Centro o mércores 30 de outubro.
Os carteis teñen que invitar ou anunciar á celebración do Samaín e do Magosto.
A data límite para entregar os carteis será o luns 21 de outubro.
Equipo de Normalización Lingüística.
Estreo de "Pasado e futuro"
O venres 18 de outubro estrearase a nova película realizada polo IES Alfoz - Valadouro, Pasado e futuro. Protagonizado polo alumnado e o profesorado do centro, así coma dos colexios da zoa.
O estreo realizarase na Casa da Cultura de Alfoz ás 20:00 horas.
Convidamos a toda a comunidade educativa a acudir ao estreo.
Un saúdo.
Xornadas de Aulas abertas
O IES Alfoz - Valadouro únese a xornada de Aulas abertas organizada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público impartindo clases fora da aula para manifestar a oposición á LOMCE.
Clases de plástica e matemáticas
Clase de Educación Física
Letras Galegas 2013
O alumnado de 3º ESO fixo un vídeo coa lectura animada da obra de teatro de Roberto Vidal Bolaño, Integral.
Aqui tedes o resultado final, una vez que pasou pola mano artística da nosa profesora de plástica, Paz.
GAÑAMOS!!!!! Lipdub "Jet Lag"
O video - proyecto do IES Alfoz - Valadouro presentado no concurso de "Aprendiendo con vídeo" de la plataforma proyecta, acaba de resultar GAÑADOR no apartado de video proyecto. facebook da Plataforma proyecta.
DENDE A PÁXINA WEB DO CENTRO QUEREMOS FELICITAR A TODOS POR O TRABALLO BEN FEITO, E POLO BEN QUE O PASAMOS FACENDOO.
Felicidades especiais a Yolanda, Simeón, Pepe, Paz e Armelle, que sin duda eles foron os que máis fixeron para consegui-lo, así como o alumnado de 4º ESO de informática, encargados de facer a montaxe.
Tedes aquí o resultado final:
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 19
- 20
- 21
- 22
- 23
- 24
- 25
- 26
- 27
- seguinte ›
- última »