Mozas e mozos cambiando estereotipos. Obradoiro de Igualdade

Os grupos de 1º de bacharelato realizarán en Outubro un obradoiro que ten por obxecto informar e sensibilizar ao alumnado sobre a violencia de xénero e previr a súas distintas manifestacións. Está organizado pola área de Igualdade do concello de Vigo e será impartido por Ianire Estévanez, psicóloga e cun master en intervención en violencia contra as mulleres, e cunha ampla experiencia que recolle na súa web.

No blog podes atopar moitos recursos para falar destes temas e un conxunto de cortos que podes ver nas aulas o na casa para reflexionar e debatir.

comando

 

Traballaranse os seguintes contidos:

  • Estereotipos e roles de xénero ( análise dos estereotipos de xénero, machismo e homofobia nos contidos audivisuais e culturais, videoxogos, internet e música).

  • Violencia simbólica (identificación dos canons de beleza preestablecidos e a presión sobre o corpo que estes canons representan; detectar a sexualización e a obxectivización do corpo feminino das imaxes que se atopan nas redes). 

  • Ciberacoso, control e ciberviolencia nas redes (cuestionar o acoso, o control, e a violencia que vivimos nas redes sociais).

  • Violencias sexuais (reflexionar sobre o consentemento e as violencias sexuais).

  • Empoderamento (aportar claves de empoderamento e crecemento persoal).

 

Outros materiais interesantes:

Revelando estereotipos que no nos representan. Yolanda Domínguez . Conferencia TED

 

 

Qué fácil es encasillar a las personas. VERNE