Charla Nanotecnoloxía no IES

charla

O pasado luns, 5 de novembro, como parte dos actos da Semana da Ciencia, o alumnado de 2º de bacharelato que cursa as agisnaturas de Química e Bioloxía, participou dunha charla impartida por Alba Vázquez e Carlos Fdez Lodeiro. Dous investigadores que pertencen ao grupo de Química Coloidal da Rede Galega de Nanomedicina e que traballan no CinBio da Universidade de Vigo.


Nesta charla explicaron que é a Nanotecnoloxía, que lles ocorre a certos materiais cando os facemos moi moi pequenos e que aplicacións teñen arredor noso, tanto como catalizadores, biosensores, optoxenética ou nanomedicina.
Tamén fixeron demostracións do cambio de cor de certos materiais segundo o seu tamaño coa colaboración do alumnado.
Desde o centro queremos agradecer ao Grupo de Química Coloidal este achegamento do seu traballo aos institutos de Secundaria.