Día internacional do pobo xitano

O pasado 8 de abril celebramos o Día Internacional do Pobo Xitano compartindo a súa historia a través dun percorrido informativo que abrangue dende a súa orixe e chegada á península ibérica ata a súa situación actual e os desafíos das mulleres.

Todo o alumnado do centro puido participar no itinerario de maneira autónoma.

Ademais, ao longo desta semana, o alumnado de 2ºESO achegouse á realidade e historia do pobo xitano coincidindo co seu día internacional. Participaron activamente e descubriron, a través de diferentes preguntas guía no percorrido, información para traballar posteriormente os conceptos de prexuízo e estereotipo.

 

O estudantado interesouse pola cultura e historia que foi coñecendo a través do 18 carteis deseñados pola Asociación de Ensinantes Xitanos, contribuíndo a incrementar o número de actos de concienciación previstos para esta data en Galicia. Intercambiaron proveitosamente esta información nun debate posterior en pequeño grupo.

Podedes ler aquí a Declaración Institucional do 8 de abril de 2024, Día Internacional do Pobo Xitano.