Proxecto lector do Centro - Clubs de lectura

 

  

Clubs de lectura

                          Somos lectoreS

                                                  

                                                                                                                               Somos lectívoros

 

Os clubs do centro arrancaron aló polo curso 2010-2011 e de cinco pasaron a nove, guiados por distintos docentes que estiveron e están no centro.

O ideario dos clubs segue o que formula Bibliotecas escolares e co que, no noso centro estamos de acordo. A literatura emancipa, fainos máis críticos e se cadra un pouco máis libres. Pretendemos que os alumnos amen a lectura, sexa o xénero que sexa, pero que lean.

Así mesmo, tentamos presentar e fomentar a literatura en galego.

Desde aqueles primeiros anos foron moitas e moitos os autores que tiveron a ben pasar polas nosas aulas desde Marta Sanz, Miguel Gallardo a quen lembramos onde estea, Diego Ameixeiras, Carlos Baliñas, Manuel Portas, Inma López Silva, Francisco Castro, Xulia Alonso, Marina Mayoral, Fran Loureiro, Xavier Alcalá, Arantza Portabales, Pedro Feijoo.... o mestre Xesús Alonso Montero, todos teñen a súa pegada no noso recunchiño da fama, sei que faltan algúns pero non quero aburrir. A todas/os GRAZAS inmensas por se ter ocupado do noso centro.

Neste curso pretendemos darlle unha volta á difusión dos clubs. Todo o que se fai se difunde dentro e na revista escolar, pero aínda que os nosos alumnos non poden usar a páxina web nin a aula virtual si se pode ver desde outros lugares así que este ano imos ensinar o que facemos dentro das posibilidades dun EPAPU inserido nun centro penitenciario.

Este curso comezamos con obras como El guardián de las flores  de Rober H. L Cagiao e Sobrevivindo de Arantza portabales.

          El Guardián de las Flores

 

 

 

 

 

      

Powered by Drupal - Design by artinet