Castelán-galego para Inmigrantes.

Castelán-Galego para Inmigrantes. 

 

            Existen tres grupos desta ensinaza básica non regrada no noso centro no presente curso 2014/2015: dous grupos (A e C)do nivel básico e un grupo do nivel medio/avanzado (B).

 

            O Departamento de Comunicación leva a cabo a impartición desta ensinanza. O nivel básico é impartido por un membro do corpo de mestres, e o medio/avanzado polo anteriormente mencionado e un dos especialistas de lingua galega.

 

            Para desenvolver a programación baseámonos no Marco Común Europeo de Referencia das linguas.

 

            O alumnado tras facer unha proba de clasificación recibe 10 sesións semanais de 45 minutos e pode ir subindo de nivel e acceder a Nivel I/ II ou a nivel III (E.S.A.) cando o seu dominio das linguas é o axeitado para seguir as ensinanzas primarias ou as ensinanzas secundarias con aproveitamento. Os tres grupos participarán sempre que sexa posible no Proxecto ANOCA ademais de todas as outras actividades complementarias e extraescolares que levamos a cabo no centro.

Powered by Drupal - Design by artinet