O AUTO DO ENTROIDO (CURSO 2008/2009)

A finais do curso 2008/2009 representamos O Auto do Entroido de Manuel Lourenzo González. Fixemos unha adaptación máis curta da obra para poder acomodala ás nosas necesidades en canto a recursos humanos e materiais.

             O autor honrounos coa súa presenza o día da estrea!

 

Sinopse:

 

            O Entroido está a ser xulgado. Diferentes personaxes aparecen en escea para declarar en contra do Entroido culpándoo das súas desgrazas en vida. O Rei será quen decida se O Entroido vai ser indultado ou pola contra reciba a pena de morte.

Powered by Drupal - Design by artinet