Intencións educativas do Nivel I

As ensinanzas correspondentes ao nivel I das ensinanzas básicas iniciais deben permitir á persoa adulta adquirir técnicas de lecto-escritura e cálculo para satisfacer as necesidades que se lle presenten na vida cotiá.

Trataremos tamén de impulsar a formación de alumnos-as competentes que poñan en práctica dunha maneira integrada, en contextos e situacións diferentes, os coñecementos, as habilidades e as actitudes persoais que van mais ala do saber e do saber facer ou aplicar porque inclúen tamén o saber ser ou estar.

É tamén obxectivo noso capacitar as persoas coas que traballamos para o cambio, propoñendo esa segunda oportunidade que moitos buscan e motivando para a busqueda de que non hai imposibles, logrados estes, sobre todo, co esforzo persoal.

Powered by Drupal - Design by artinet