Información xeral

                 

 

QUE É THAT'S ENGLISH?

 

That's English! É o programa oficial de inglés a distancia que abarca desde o nivel Básico A2 hasta o Avanzado C1

Está deseñado polo Ministerio de Educación e Formación Profesional e ten titorías nas Escolas Oficiais de Idiomas

É oficial, equivalente aos cursos presenciais e axustado ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (MCERL).

 

 
 
     QUE INCLÚE THAT'S ENGLISH?
 
                                                                                         

 

Plataforma e-learning

A nosa plataforma dispón de actividades interactivas e autocorrexibles que inclúen audios e programas de televisión, para que poidas estudar inglés de forma autónoma e amena mellorando todas as competencias lingüísticas, incluíndo a mediación. Ademais das actividades de inglés, terás acceso a contidos extra, podcast e un dicionario completo de inglés en liña.

 

Libros de texto

Se prefires estudar en papel, tamén podes. A matrícula inclúe os libros en papel que poderás complementar co material audiovisual dispoñible na app ou na plataforma.

 


 

App de inglés

A app contén todos os vídeos e audios que necesitas para estudar inglés co teu libro. Ademais, poderás estar ao día coa nosa sección de noticias, usar o dicionario interactivo e adestrar o teu oído cos nosos podcast.

 


 

Titorías

Sabemos que para aprender inglés é esencial a práctica oral, por iso contas con sesións semanais impartidas por un titor da Escola Oficial dentro do horario asignado ao teu grupo. Ao tratarse dun curso a distancia, a titoría non é obrigatoria para superar o curso pero recomendámosche que as aproveites porque resultan de gran utilidade para alcanzar os obxectivos.

 

 

 

¿A QUÉ NIVEL DEBO ACCEDER?

 

 

PROBA VIA

Realiza a proba de nivel sen compromiso e de xeito gratuito nesta ligazón que activaremos o primeiro día de matrícula. Podes consultar o manual para a realización desta proba premendo aquí.

 

 

 

DESCONTOS E EXENCIÓNS

 

Revisa se tes dereito a algún desconto ou exención en https://www.thatsenglish.com/curso-oficial
Se es alumno repetidor non poderás acollerte a ningún desconto, é dicir, pagarás 125 €

Os descontos non son acumulables entre si. Por exemplo, se te acolles a un desconto por persoal da administración pública, o teu familiar non poderá acollerse ao desconto por unidade familiar. Bolsa do Ministerio de Educación e Formación Profesional

Consulta se cumpres os requisitos para ser beneficiario das bolsas de carácter xeral que convoca o Ministerio de Educación para estudantes que cursen estudos postobligatorios.

Para coñecer máis detalles visita a web do Ministerio de Educación e Formación Profesional.

 

 

 

DISTRIBUCIÓN DE ESTUDOS

 

         NIVEL BÁSICO (A2)

  •  A2.1           Módulos Básico A2.1 e A2.2
  •  A2.2           Módulos Básico A2.3 e A2.4

 Proba terminal de Certificación específica de Nivel BÁSICO ao rematar o Módulo A2.4.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

         NIVEL INTERMEDIO (B1)

  •   INB1          Módulos Intermedio B1.1 e Intermedio B1.2

Proba terminal de Certificación específica de Nivel B1  ao rematar o Módulo B1.2.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

NIVEL INTERMEDIO (B2)

  •     INB2-1       Módulos Intermedio B2.1e IntermedioB2.2
  •      INB2-2       Módulos Intermedio B2.3e IntermedioB2.4

Proba terminal de Certificación específica de Nivel B2 ao rematar o Módulo B2.4.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

 NIVEL AVANZADO (C1)

  •     INC1          Módulos Avanzado C1.1 e Avanzado C1.2

         Proba terminal de Certificación específica de Nivel C1  ao rematar o Módulo C1.2.  Farase conxuntamente cos alumnos do ensino presencial desta EOI

 

 

MÁIS INFORMACIÓN

Para facer calquera consulta relativa ao programa, infórmate no teléfono 982 82 92 42 ou no mail eoi.lugo@thatsenglish.com, tamen podes visitar a web http://www.thatsenglish.com/.