A POESÍA QUE SENTIMOS

                   

 

 EEI SAN ROQUE – curso 2018-19

 

 

 

Queridas familias:

 

Os centros educativos  que formamos a  Microrrede da Mariña das bibliotecas escolares PLAMBE (www.microrredeamarina.blogspot.com) un ano máis queremos propoñervos unha actividade co gaio das Letras Galegas baixo o titulo “ A POESÍA QUE SENTIMOS”. Ademais dos obxectivos de expresión escrita, plástica e creatividade queremos contribuír a dar visibilidade ao papel que desempeña a POESÍA como xeito de expresión dos  nosos sentimentos, como educación emocional e como medio ou recurso para empatizar coa realidade que nos rodea.

 

Dende o centro solicitamos a vosa colaboración para elaborar un traballo plástico e literario, nesta ocasión un marcapáxinas a partirdunha estrofa, que fai referencia a algúns dos cinco sentidos,  creada polas  vosas fillas e fillos coa axuda das titoras :

 

BOLBORETA QUE VOAS

 

LUCINDO CORES FERMOSAS,

 

E NO CEO O ARCO DA VELLA

 

ANUNCIANDO A PRIMAVERA.

 

Podedes decorar ese marcapáxinas cos materiais e técnicas que máis vos gusten (materiais de refugallo, cartóns, teas, pinturas de todo tipo, plastilina,...), nunha das caras debe aparecer escrita a estrofa, que será diferente para cada aula. Somos coñecedores da vosa creatividade e da das nenas e nenos e valoramos moito a vosa participación.

 

 Recordade que está actividade ten carácter COLABORATIVO: entre centros da Microrrede, entre as familias e a escola e entre os membros das familias.

 

             Os traballos serán expostos na entrada do colexio dende o día 23 ata o 30 de maio. Exposición que podedes visitar na primeira e na última sesión de cada día e os luns e mércores de 16 a 17 horas. Polo que, o prazo de entrega do marcapáxinas a cada titora será antes do día 23 de maio de 2019.

 

             Posteriormente todos os traballos da Microrrede estarán expostos ao público na Sala de Usos Múltiples e de Exposicións da Biblioteca do Concello de Viveiro entre o 4 e o 7 de xuño de 2019.

 

             Esperamos as vosas creacións!

 

  

 

    

 

                          Equipo de Dinamización da Biblioteca

    Equipo de dinamización da lingua galega

Os nosos blogs

Artigos recentes

TEATRO DE SOMBRAS hai 12 anos 26 semanas
International Day of peace hai 6 anos 17 semanas
Pictogramas hai 6 anos 17 semanas
DIA DE ROSALÍA hai 6 anos 17 semanas
A BIBLIOTECA DE LIBRÍN hai 5 anos 38 semanas

Iniciar sesión