Secretaría

AXUDA FONDOS LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

INSTRUCIÓNS FONDO SOLIDARIO

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar, para o alumnado que, no próximo curso, vaia cursar 1º de educación primaria.

 

No seguinte enlace podedes atopar a convocatoria:

https://www.edu.xunta.gal/portal/sites/web/files/anunciog0761-080524-0003_gl.pdf

 

Forma de presentación:

  • Preferiblemente por sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B&ano=2024&numpub=1&lang=es
  • Opcionalmente, poderá presentarse presencialmente nos centros onde se vaia cursar a educación primaria.

Os solicitantes das axudas deben cubriri unicamente os anexos I e II do procedemento ED330B e presentar a documentación necesaria.

En caso de, presentación presencial, podedes descargar os anexos adxuntos (Anexo I e II en pdf).

Prazo de presentación: ata o 21 de xuño de 2024.

BECAS NEAE 2024-2025

BECAS NEAE 2024-2025

Premendo no seguinte documento adxunto, tedes toda a información e pasos a realizar para solicitar as becas para o alumnado con necesidades específicas de apoio educativo.

 

Admitidos/as proceso de admisión 2024/2025

Lista admitidos

Proceso de admisión 2024-2025

VACANTES PARA O PRÓXIMO CURSO 24/25: 1 VACANTE PARA 4º CURSO DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

CANDO? Presentación de solicitudes: do 1 ao 20 de marzo.

 

 

COMO realizar a solicitude? Varias formas:

 

1. A través da Sede Electrónica, accedendo a través da aplicación “admisiónalumnado”.

https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/AvisoForaPrazoAxudaplicacion.action?claveAxuda=axuda_admisionalumnado_prazo_pechado_xenerico&OWASP_CSRFTOKEN=AENT-9LCH-4FE3-061T-TDUV-BLU7-Q4RO-XBV0

Para presentar a solicitude, deberá acceder a admisionalumnado con usuario de Chave365 ou certificado dixital, para elo, deberá premer na icona ver que se atopa arriba á dereita . E posteriormente, seleccionar a opción de menú “Solicitudes-Admisión-Crear”, cubrir os datos que piden e “Confirmar solicitude” e posteriormente “Firmar e presentar en Sede Electrónica”.

 

 

 

2. De xeito presencial na EEI Rúa Aragón. Para a entrega presencial da solicitude e documentación, será necesario CONCERTAR CITA PREVIA a través do correo electrónico (eei.rua.aragon@edu.xunta.gal) ou no teléfono 986 374 278.

 

Xunto coa solicitude (ANEXO II: código de procedemento ED550B) deberá presentarse:

 

- Fotocopia do DNI do alumno/a ou fotocopia do libro de familia ou outro documento acreditativo da idade do mesmo/a.

 

A documentación que se presente deberá ser orixinal máis fotocopia, a cotexar polo centro educativo.

 

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE

 

  • Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar.

  • O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe.

  • O alumnado que ten reservada praza nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión (antes do 28 de febreiro).

  • A solicitude terá que estar asinada por calquera das/os titulares da patria potestade ou representantes legais. No caso de separación ou divorcio será necesaria a sinatura de ambas/os proxenitoras/es, agás que a patria potestade estea atribuída, con carácter exclusivo, a un deles. En ambos casos, será necesario presentar, xunto coa solicitude de admisión, a resolución xudicial correspondente para o seu cotexo polo centro educativo. No suposto de alumnado afectado por situación de violencia de xénero non será exixible o previsto no parágrafo anterior.

 

 

 

XORNADA DE PORTAS ABERTAS FEBREIRO 2024

Xornada de portas abertas

Axudas municipais de material e comedor escolar (AMES 23-24)

Hoxe publicase no BOP a apertura de prazo para as solicitudes de AMES 2023-2024 (Axudas Municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil, segunda etapa, e educación primaria e secundaria).

As solicitudes poderán presentarse dende o luns día 5 de xuño ao venres 30 de xuño.

Atoparedes como adxuntos os seguintes documentos:

- Bases das axudas

- Documento solicitude

- Declaración responsable de aluguer SEN contrato (en caso de estar nesta circunstancia)

- Xustificante hipoteca (en caso de estar nesta circunstancia)

 

 

 

 

BECAS para alumnado con NEAE

O Ministerio de Educación e Formación Profesional publicou a convocatoria destas axudas para o curso 2022 - 2023  o 18 de maio de 2022.

Poderá pedirse desde o 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022.

Mais información neste enlace

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/tipos-de-becas.html

 

PROCESO DE ADMISIÓN 23/24

No documento adxunto pódense atopar as instruccións para o proceso de admisión do curso 23/24.

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA MATERIAL ESCOLAR PRIMARIA

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2022/20220518/AnuncioG0598-020522-0...

 

Presencialmente (cubrir e entregar no Centro de PRIMARIA): ANEXO I

https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23657532

 

De forma telemática: Aplicación Fondo de libros

https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

 

Distribuir contido