Servizos

Oferta de servizos

Xornada lectiva de 9:00 a 14:00 horas, dentro da cal, entre outras actividades, ofertamos:

- Acercamento á lingua estranxeira (inglés) unha hora á semana.

- Biblioteca escolar con servizo de préstamo e mochilas viaxeiras.

- Aula polivalente onde lévanse a cabo dous días de psicomotricidade e instalacións de xogo.

- Recursos dixitais nas aulas, cun uso responsable e de calidade.

- Patio exterior valado, con zona de xogo, horta e areeiro.

- Departamento de orientación adscrito ao CEIP Frián de Teis, composto por: orientadora, mestra de audición (AL) e linguaxe e pedagoxía terapéutica (PT).

 

De 14:00 a 16:00 horas, ofértase comedor escolar organizado pola ANPA da escola.

 

Extraescolares os martes de 16:00 a 17:00 horas. 

Distribuir contido