A NAI DE XOSÉ E GUSTAVO

HOXE, A NAI DE XOSÉ (DE CINCO ANOS) E DE GUSTAVO (DE CATRO ANOS), CONCIENCIOUNOS A TRAVÉS DE “RANA DE TRES OJOS” DA IMPORTANCIA DE CONSERVAR LIMPO A NOSO MEDIO AMBIENTE. DE PASO AMENIZOUNOS CUNHA LECTURA QUE DEIXOUNOS COA BOCA ABERTA!

MOITAS GRAZAS POR VIR!

26 DE SETEMBRO

LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS QUE MAÑÁ, 26 DE SETEMBRO, NON HABERÁ ESCOLA DEBIDO Ó FESTIVO LOCAL SAN COSME E SAN DAMIÁN.

 

QUE DESFRUTEDES DO DÍA!

 

UN SAÚDO.

BENVIDO UN ANO MÁIS TONTÓN

O vindeiro venres 5 de outubro comezaremos coa biblioteca de Tontón, polo que, aquelas familias que o desexen poderanse apuntar para vir os venres a contarlles un conto ás 13:00 horas ós nenos e nenas da escola.

Como cada ano, empezamos polas familias do alumnado de maior idade, polo tanto 6º de Educación Infantil. (Tedes a lista no taboleiro de anuncios na entrada da escola).

Esperamos a vosa participación xa que é un momento moi especial para os vosos fillos e fillas.

 

“Aprender a leer es lo más importante que me ha pasado en la vida”.

Mario Vargas Llosa.

CALENDARIO ESCOLAR 2018 2019

OBRADOIRO NA BP DE BAIONA

BENVIDOS AO COLE

LEMBRAMOS ÁS FAMILIAS DOS NENOS E NENAS QUE COMEZAN O CURSO EN 3 ANOS QUE DEBEN TRAER DESDE O PRIMEIRO DÍA TODO O MATERIAL AGÁS A MERENDA.

 

A PARTIRES DO VENRES (14 DE SETEMBRO), XA TRAERÁN O SEU TUPPER COA MERENDA.

Preparando o curso

Aquí vos deixamos un libro  moi interesante para facilitar a vosa tarefa coma pais/nais  e para axudar aos vosos fillos/as no seu desenvolvemento: El cerebro del niño, de Daniel J. Siegel.

 

 

                                                                    

Comezo do curso 2018 2019

                      Resultado de imagen de imaxes volta ao cole

 

 

O curso 2018 2019 comezará o mércores 12 de setembro.

 

 

 

             Resultado de imagen de imaxes volta ao cole

 

 

GRADUACIÓN DE CINCO ANOS

AQUÍ PODEDES VER O TRABALLO REALIZADO PARA A GRADUACIÓN DOS NENOS/AS DE CINCO ANOS (BIRRETE, BANDA, BROCHE, MARCO DE FOTOS...).

 

MIRADE QUE GUAPOS E GUAPAS ESTÁN OS NENOS/AS MAIORES DA ESCOLA!!

VERMES DE SEDA

EUGENIA, DA CLASE DE CINCO, TROUXO UNHA CAIXA CHEA DE VERMES DE SEDA QUE COIDARON DURANTE DÍAS E QUE POR FALTA DE TEMPO NON PUIDERON VER ACABAR O CICLO VITAL.

AQUÍ PODEDES VER O PROCESO TERMINADO (VERME-CASULO-BOLBORETA-OVO).