CRA de Culleredo

alimentación

NO OUTONO COMEMOS FROITOS CARNOSOS

Na escola estudamos os froitos carnosos do outono. Escribimos o seu nome, debuxámolos e logo comémolos. Estaban moi bos!!

 

Verdura ao vapor

Xa comemos froita e agora toca probar distintas verduras. Cociñamos ao vapor coliflor, pementos, cenorias...

Estaban exquisitas!!!

 

Que rica froita!

Despois de aprender como funciona un mercado, fomos á froitería e mercamos distintos produtos para elaborar unha saborosa macedonia. Saíunos xenial!

 

Macedonia de froitas

Tivemos unha merenda moi especial!

Fixemos unha macedonia de froitas. Moitas delas xa as coñeciamos, pero outras descubrímolas estes días. Son froitas tropicais!

Estaban todas boísimas!

 

Fixemos zume

Despois de comer tiñamos moita sede, por iso fixemos zume de laranxa. E para non mancharnos ata puxemos un mandil de cociñeiro. E como non, despois bebémolo!

Divertímonos moito!

 

 


Que rica froita!

Despois de experimentar coas froitas chegou o momento de probalas.

Estaban riquísimas!!!

 

Experimentamos coas froitas

A profe presentounos moitas froitas distintas, algunhas delas trouxemolas da casa e outras trouxonolas ela.

Despois xogamos a adiviñar que froita era cos ollos tapados.

Foi superdivertido!!!!

 

Doce ou salgado?

A profe Pili de Ledoño enviounos unha gran sorpresa! Unha bolsa chea de alimentos.

Estivemos vendoos e tamén probamos algúns deles.

Experimentamos con distintos sabores. Probamos azucre para percibir o sabor doce, sal para o salgado e limón para o amargo. Aínda que o último non nos gustou moito.

Despois probamos un alimento salgado, as sardiñas en lata; e outro doce, un pouco de marmelada. Que bo estaba todo!

Disfrutamos moito con esta experiencia, por iso decidimos escribirlle unha carta de agradecemento á profe Pili.

Moitas grazas Pili!

 

O noso mercado

Para seguir traballando coa alimentación fixemos un mercado.

Para isto cada un trouxo unha froita ou unha verdura á escola, e despois montamos o mercado: pintamos os toldos, coloreamos o fondo, recortamos e pegamos alimentos, escribimos o nome dos productos que trouxemos..... Quedounos moi ben e ademáis aprendemos moitas cousas!!!

 

 

 


Que rico!!!!

Estamos traballando a alimentación na escola.

A nosa profe foi ao super e mercou un montón de cousas para ensinarnos, e ademáis tamén

as probamos. Que rico estaba todo!!!!

Distribuir contido