CRA de Culleredo

Doce ou salgado?

A profe Pili de Ledoño enviounos unha gran sorpresa! Unha bolsa chea de alimentos.

Estivemos vendoos e tamén probamos algúns deles.

Experimentamos con distintos sabores. Probamos azucre para percibir o sabor doce, sal para o salgado e limón para o amargo. Aínda que o último non nos gustou moito.

Despois probamos un alimento salgado, as sardiñas en lata; e outro doce, un pouco de marmelada. Que bo estaba todo!

Disfrutamos moito con esta experiencia, por iso decidimos escribirlle unha carta de agradecemento á profe Pili.

Moitas grazas Pili!