CRA de Culleredo

Escola A Choeira

Escola de A Choeira

Esta escola atópase situada na parroquia de Almeiras, que se localiza no noroeste do Concello de Culleredo.

Esta  parroquia ocupa a ladeira que baixa do aeroporto de Alvedro ao río Mero e ao río Valiñas, limitando tamén coa parte final da Ría do Burgo. Sitúase polo tanto ao sur de O Temple (Cambre) e O Burgo. A maior parte do aeroporto de Alvedro sitúase no término de Almeiras. A parroquia comprende os lugares de Alvedro, Carcabelos, A Choeira, Marisqueira, Hombre, A Silva, Telva  e Vigovidín.

A escola conta con dúas unidades, que escolarizan nenos e nenas  do 2º ciclo de Educación Infantil.

Ademáis nela tamén está ubicada a sede do CRA de Culleredo.

Horario: xornada continuada (9-14h).

 

CURSO 2023/2024

Aula 1

Titora: Carlota

Aula 2

Titora: Mónica.

 

 

 

 ENDEREZO

Rúa Bo Home s/n (A Choeira)
C.P. 15180 – Almeiras

Tlfno: 981 069 687 

Distribuir contido