Escola da Choeira
Esta escola atópase situada na parroquia de Almeiras, que se localiza no noroeste do Concello de Culleredo.
Esta parroquia ocupa a ladeira que baixa do aeroporto de Alvedro ao río Mero e ao río Valiñas, limitando tamén coa parte final da Ría do Burgo. Sitúase polo tanto ao sur de O Temple (Cambre) e O Burgo. A maior parte do aeroporto de Alvedro sitúase no término de Almeiras. A parroquia comprende os lugares de Alvedro, Carcabelos, A Choeira, Marisqueira, Hombre, A Silva, Telva e Vigovidín.
A escola conta con dúas unidades, que escolarizan nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil.
Ademáis nela tamén está ubicada a sede do CRA de Culleredo.
Horario: xornada continuada (9-14h).
ENDEREZO
Rúa Bo Home s/n (A Choeira)
C.P. 15180 – Almeiras
Tlfno: 981 662 094
CURSO 2018/2019
Aula 1
Titora: Silvia Neira Martínez.
Ditribución do alumnado:
- 4º educación infantil: 6 nen@s.
- 5º educación infantil: 4 nen@s.
- 6º educación infantil: 3 nen@s.
Aula 2
Titora: Raquel Sánchez Ruiz.
Distribución do alumnado:
- 4º educación infantil: 7 nen@s.
- 5º educación infantil: 4 nen@s.
- 6º educación infantil: 3 nen@s.
LOCALIZACIÓN DA ESCOLA DA CHOEIRA