CRA de Culleredo

Localización

Onde estamos?

 

CRA DE CULLEREDO

Rúa Bo Home s/n (A Choeira)

Almeiras - Culleredo

C.P. 15180 - A Coruña

Tfno: 981 662 094

E-mail: cra.culleredo@edu.xunta.gal

 

 

Escola de A Choeira

Esta escola atópase situada na parroquia de Almeiras, que se localiza no noroeste do Concello de Culleredo.

Esta  parroquia ocupa a ladeira que baixa do aeroporto de Alvedro ao río Mero e ao río Valiñas, limitando tamén coa parte final da Ría do Burgo. Sitúase polo tanto ao sur de O Temple (Cambre) e O Burgo. A maior parte do aeroporto de Alvedro sitúase no término de Almeiras. A parroquia comprende os lugares de Alvedro, Carcabelos, A Choeira, Marisqueira, Hombre, A Silva, Telva  e Vigovidín.

A escola conta con dúas unidades, que escolarizan nenos e nenas  do 2º ciclo de Educación Infantil.

Ademáis nela tamén está ubicada a sede do CRA de Culleredo.

Horario: xornada continuada (9-14h).

 

CURSO 2023/2024

Aula 1

Titora: Carlota

Aula 2

Titora: Mónica.

 

 

 

 ENDEREZO

Rúa Bo Home s/n (A Choeira)
C.P. 15180 – Almeiras

Tlfno: 981 069 687 

Sede

Sede do CRA de Culleredo

Rúa Bo Home s/n (A Choeira)

Almeiras - Culleredo

C.P. 15180 - A Coruña

 

Tfno: 981 662 094

 

E- mail: cra.culleredo@edu.xunta.gal

 

Horario do centro: 9-14h.

Horario de dirección e secretaría:

- Luns de 12:30h. a 14:00h.

- Mércores de 9:00h. a 10:30h.

- Venres de 12:30h. a 14:00h.

A atención de xeito presencial debe solicitarse vía telefónica no 981 662 094.

 

 


As Escolas do CRA

O Colexio Rural Agrupado de Culleredo, C.R.A. de Culleredo, está constituído por 4 escolas, distribuídas nalgunhas das parroquias do Concello de Culleredo:

 

 

 

Escola de Sésamo

Esta escola atópase situada na parroquia de Sésamo, pertencente ao Concello de Culleredo.

Esta parroquia localízase embaixo do monte de San Cosme e está dividida nos lugares de O Casal, Cillobre, Cornedo, As Naveiras, Outeiro de Abaixo, Outeiro de Arriba e Silvar. Delimita ao norte con Culleredo, ao sur con Celas de Peiro e Sueiro, ao este con Sigrás e Anceis e ao oeste con Ledoño e Orro.

A escola conta cun aula mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.

Horario: xornada continuada (9-14h).

CURSO 2023/2024

Titora: Bea.

 

 

 

 

ENDEREZO

Rúa Fonte do Picho, nº 40
CP. 15199 - Sésamo

Tlfno: 646 127 209

 

Escola de Ledoño

Esta escola atópase situada na parroquia de Ledoño, pertencente ao Concello de Culleredo.

Localízase no val de Veiga, regado polo río Valiñas, afluente do Mero; río que forma a Ría do Burgo. Delimita ao norte con Orro, ao sur con Veiga e Celas de Peiro, ao este con Sésamo e ao oeste con Veiga.

A escola conta cunha unidade mixta, que escolariza nenos e nenas do 2º ciclo de Educación Infantil. Conta cos servizos precisos e cun amplo patio de xogo.

Horario: xornada continuada (9-14h)

 

CURSO 2023/2024

Titora: Susana.

 

 

ENDEREZO

Lugar de Ledoño
CP. 15189

Tlfno: 981 668 189

 

O NOSO ENTORNO

 

O noso CRA está situado no concello de Culleredo.

Culleredo é un municipio galego da provincia de A Coruña, situado na área central, no extremo sur da Ría do Burgo.

O municipio ten como límite polo norte a cidade de A Coruña e, a través da Ría do Burgo o mar; polo sur o término municipal de Cerceda; polo este os términos municipais de Oleiros, Cambre e Carral e polo oeste con Arteixo, A Coruña e Laracha.

Integrada na área metropolitana de A Coruña, a súa poboación está distribuida en 11 parroquias: Rutis, O Burgo, Almeiras, Culleredo, Orro, Sésamo, Sueiro, Ledoño, Veiga, Celas e Castelo.

 

 

 

 

 

Debido ás características que posúe o noso centro, ao tratarse de escolas rurais agrupadas situadas no medio rural,  permítenos estar máis en contacto e descubrir a beleza do noso entorno; lugares que gardan vestixios arquitectónicos e espacios naturais privilexiados para a observación astronómica, práctica de deportes, avistamento de aves, rutas de senderismo...favorecendo o coñecemento por parte do noso alumnado do medio no que vive dunha maneira activa e vivencial.

Desta forma a Ponte do Burgo, Torre de Celas, a Ría, os Muiños, o monte Xalo, o Xardín Botánico son espacios que nos serven de inspiración e motivación para traballar co noso alumnado. 

                                                            

Distribuir contido