Plan COVID e Plan de continxencia

Dada a situación creada polo COVID-19, o Centro, atendendo ao Protocolo de adaptación ao contexto da COVID-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2020-2021, elaborou os seguintes documentos, que poñemos no seu coñecemento:

Máscara comedor

Recordámoslles aos usuari@s do servizo de comedor que deben traer un portamáscaras para gardar a máscara mentres comen.

FONDO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Están publicadas no centro as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para educación primaria correspondentes ao curso 2020-2021. Tamén se poden consultar mediante a aplicación Fondolibros do portal da Xunta de Galicia accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado poden pasar a recoller, desde o luns 20 de xullo, os vales para a adquisición de libros e material escolar, solicitando previamente cita a través do teléfono do centro.

FONDO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Están publicadas no centro as listaxes provisionais correspondentes ao fondo solidario de libros de texto para o curso 2020-2021 co número mínimo de libros asignados. As listaxes definitivas, nas que se concretan os libros asignados a cada alumno, publicaránse antes do día 20 de xullo para 3º e 4º de educación primaria, e antes do 14 de setembro para 2º, 3º e 4º ESO.

SOLICITUDE COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2020-2021

Do 1 ao 31 de xullo poderase solicitar o servizo de comedor escolar para todos os alumnos matriculados no centro. Deberase cubrir e entregar no centro a folla de autodeclaración.

 

Os nosos graduados!!!

Pois chegou o momento de despedirnos das etapas educativas. 6º de Educación Infantil, 6º de Educación Primaria e 4º de ESO. A súa graduación virtual, para o curso marcamos un día no calendario para a presencial por e para eles, meréceno con creces. Noraboa a tod@s!!!

   

 

(

Un curso diferente!!!

Este foi sen dúbida un curso moi, moi diferente. Facendo este resumo do curso físico é o noso modo de dar as grazas a todos!!!

Powered by Drupal - Design by artinet