FONDO LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021

Están publicadas no centro as listaxes definitivas do fondo solidario de libros de texto para educación primaria correspondentes ao curso 2020-2021. Tamén se poden consultar mediante a aplicación Fondolibros do portal da Xunta de Galicia accedendo con certificado electrónico ou chave 365.

Os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado poden pasar a recoller, desde o luns 20 de xullo, os vales para a adquisición de libros e material escolar, solicitando previamente cita a través do teléfono do centro.

Powered by Drupal - Design by artinet