Curso 2019-2020

Actividades do curso 2019-20

Noite entre Libros

Etiquetas :

O 12 de novembro, a maioría dos nosos nenos e nenas non foron ás súas casas logo de acabar as horas de cole. Pola contra, quedaron pra unha bonita xornada de convivencia no cole: A noite entre libros! 

Primeiro merendaron e logo dividiuse o alumnado de Secundaria do de Primaria pra facer diferentes actividades. Temos que destacar como os de Primaria o pasaron xenial cos novos xogos que hai na Biblioteca e facendo un postre saudable e rico a partes iguais. Os da ESO ademais de profundizar no coñecemento das castañas gravaron unha curta de medo que subiremos proximamente!

Aínda que custou un chisco dar dormido, foi unha bonita experiencia, que rematou cun almorzo moi elaborado, de diferentes productos que nos encantou a todos e todas!

Coñecemos a Oliver Laxe e vimos O que arde!

O pasado xoves 17 de outubro, as nenas e nenos da ESO viaxamos a Lugo ao cine. Vimos a película O que arde de Oliver Laxe e puidemos falar con el. Comentounos a súa idea á hora de realizar o filme e respondeu a todas as preguntas que se lle formularon. Mesmo sacamos unha foto con el!

Foi bonito xuntarse os coles da montaña pra ver un filme que fala do noso rural!

Actividade de Ciencias Sociais

Este curso o alumnado de 1º da ESO informa ó profesorado...

 

 

 

 

MÓLLATE POLOS RÍOS

O día 27 de setembro participamos na limpeza simultánea de ríos que se fai en Galicia, promovida pola asociación ecoloxista ADEGA. Nesta actividade, voluntariado de toda Galicia limpa un río da súa contorna. Nós coma outros anos, limpamos o río que vén de Moreda. Sacamos uns 30 kg de lixo (case todo plásticos).

"MOITA XENTE PEQUENA, EN LUGARES PEQUENOS, FACENDO COUSAS PEQUENAS, PODE CAMBIAR O MUNDO." Eduardo Galeano

Exames de setembro 2019

Día

Hora

Exame

3 setembro

10:00

Ciencias Sociais 1º ESO

3 setembro

10:00

Ciencias Sociais 2º ESO

3 setembro

12:00

Plástica 1º ESO

4 setembro

10:00

Inglés 1º ESO

4 setembro

12:00

Avaliación 1º e 2º ESO

5 setembro

13:00 a 13:30

Entrega de notas e reclamacións

6 setembro

10:00 a 13:30

Reclamacións

Lista definitiva de Fondo Solidario de Libros de Texto Primaria

No seguinte enlace, podese ver os libros de texto de préstamo asignado para o alumnado de Primaria.

 

Libros de texto 2019/2020 Lista Provisional de Fondo Solidario de Libros

Publicamos a lista provisional de admitidos no Fondo Solidario de Libros de Texto.

Os vales de Primaria poden recollerse ata o 19 de xullo ou en setembro.

Material e Libros de texto 2019/2020

Material para o alumnado de Primaria:

- 1 axenda escolar

- 1 tesoira mediana

- 1 regra flexible

- 1 estoxo (non metálico)

- 1 goma de borrar

- 2 lapis

- 1 bolígrafo azul 

- 1 bolígrafo vermello

- 1 caixa de ceras plastidecor de 12 cores

- 1 afila con depósito

- 1 carpesaro con 4 anillas tamaño folio con separadores

- 1 carpeta de gomas tamaño folio

- 1 bolsa de fundas de plástico taladradas tamaño A4

- 1 recambio tamaño A4 taladrados con cadros

- 1 recambio tamaño A4 taladrados raiado

Ademais 4º e 5º de Primaria:

- 1 paquete máis de recambio de tamaño A4 taladrados con cadros

- 1 portaminas de grosor 0,7 mm dun recambio de minas 0,7 mm HB

A relación de libros de texto atópase no seguinte arquivo.

 

 

MATRÍCULA CURSO 2019/2020

O prazo de solicitude de praza para o vindeiro curso é do 1-20 de marzo.

As solicitudes de matrícula pódense cubrir directamente na seguinte páxina web https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/ , imprimilas a continuación  e entregalas no centro escolar ou se dispoñen de certificado dixital ou chave 365 presentalo en Sede Electrónica.

Na secretaría do centro tamén  dispón de solicitudes para cubrir manualmente.

Unha vez admitidos no centro os prazos de formalización de matrícula son:

 

Prazo para Infantil e Primaria: do 20 ao 30 de xuño.

 

Prazo para ESO: 25 de xuño ao 10 de xullo.

No seguinte arquivo adxunto tedes toda a información máis detallada e a relación de documentación necesaria para a formalización da matrícula.

INFORMACIÓN MATRÍCULA

Solicitude en papel

 

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design