Noite entre Libros

Etiquetas :

O 12 de novembro, a maioría dos nosos nenos e nenas non foron ás súas casas logo de acabar as horas de cole. Pola contra, quedaron pra unha bonita xornada de convivencia no cole: A noite entre libros! 

Primeiro merendaron e logo dividiuse o alumnado de Secundaria do de Primaria pra facer diferentes actividades. Temos que destacar como os de Primaria o pasaron xenial cos novos xogos que hai na Biblioteca e facendo un postre saudable e rico a partes iguais. Os da ESO ademais de profundizar no coñecemento das castañas gravaron unha curta de medo que subiremos proximamente!

Aínda que custou un chisco dar dormido, foi unha bonita experiencia, que rematou cun almorzo moi elaborado, de diferentes productos que nos encantou a todos e todas!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design