ANPA

“Un libro por cada adorno da árbore de Nadal”

Etiquetas :

Un ano máis alédanos anunciar a actividade ░“░U░n░ ░l░i░b░r░o░ ░p░o░r░ ░c░a░d░a░ ░a░d░o░r░n░o░ ░d░a░ ░á░r░b░o░r░e░ ░d░e░ ░N░a░d░a░l░”░ coa finalidade de fomentar a lectura e a creatividade.  

Realizarase entre todos os alumnos e alumnas do centro a decoración da árbore de Nadal, a cal estará ubicada no vestíbulo do colexio. Os participantes terán que desenvolver a súa creatividade realizando un adorno para pendurar da árbore.

Tódolos participantes serán agasallados: un libro por participante, máis un xogo de mesa para cada ciclo, para que forme parte do material de aula. Á volta de Nadal entregaranse os agasallos.

Os adornos serán recollidos polos titores de cada ciclo a̲t̲é̲ ̲o̲ ̲l̲u̲n̲s̲ ̲8̲ ̲d̲e̲ ̲x̲a̲n̲e̲i̲r̲o̲.

Escola de Familias

Etiquetas :

O vindeiro xoves 30 de novembro ás 16:30 terá lugar no colexio a primeira sesión da ESCOLA DE FAMILIAS a cargo de Paula Carrera de Outonía.

Festa de Samaín

Etiquetas :
O vindeiro sábado 28 temos unha grande festa para celebrar a tradicional Noite das Ánimas ou Samaín.
Ás 17:00 daremos comezo coa actuación de
░A░ ░C░o░r░v░a░,░ ░c░o░m░p░o░ñ░e░d░o░r░a░ ░d░e░ ░c░o░n░t░o░s░ #acovadasletras
 

Renovación de cotas e novas altas de socias e socios da ANPA

Etiquetas :

Desde a Xunta Directiva da ANPA lembrámosvos que para seguir sendo socios ou darse de alta da ANPA niste vindeiro curso, temos que pagar a cota de 25€ (importe acordado na asemblea anterior) ANUAL E POR FAMILIA, antes do 15 de outubro.

No seguinte nº de conta:

ES88 3070 0006 5562 7408 7821 (concepto: nome de neno e curso 23/24).

Grazas e bon curso para tod@s!

CPI POETA UXÍO NOVONEYRA

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design