Galeano
O comedor escolar
Axuda e instrucións para o pagamento do servizo de comedor
O pagamento do servizo de comedor pódese facer presencialmente no banco co impreso correspondente que facilita o centro educativo, pero tamén de xeito telemático a través de dúas canles:
- Pagamento con tarxeta, a través de Espazo Abalar (non confundir coa aplicación Abalar Móbil) e a plataforma do CIXTEC, con calquera navegador se dispoñemos de certificado dixital ou chave 365. Neste caso o impreso de aboamento de taxas está xa previamente cargado na aplicación.
- Pagamento con tarxeta (ou Bizum), a través a Oficina Virtual ATRIGA e TPV con calquera navegador e acceso libre, sen necesidade de identificación. Neste caso podemos recoller/solicitar o impreso no centro educativo para coñecer o importe ou calculalo nós mesmos multiplicando o prezo por día polo número de días nos que o/a alumno/a utilizou o servizo de comedor no mes en cuestión.
A vantaxe do uso do Espazo Abalar é que, se empregamos ese método de pago, non é necesario presentar xustificante do mesmo no centro. Nos outros casos haberá que presentar o xustificante do pago presencialmente ou enviándoo por correo electrónico.
A continuación deixámosvos as ligazóns para acceder ás dúas plataformas e unhas indicacións de axuda en relación cos procedementos.
![]() |
Vídeo explicativo do proceso de pagamento a través da plataforma Abalar
Admisión de membros da comunidade educativa como colaboradoras-es voluntarias-os do comedor escolar para o curso 2023/2024
Anuncio de apertura do prazo de admisión de membros da comunidade educativa do CPI Mosteiro-Meis como colaboradores voluntarios nas tarefas de atención e apoio ao alumnado usuario do comedor escolar durante o curso 2023/2024.
As nais, os pais, os/as titores/as legais e os/as acolledores/as familiares do alumnado do centro que desexen, ao longo do curso 2023/2024 colaborar nas tarefas de atención e apoio aos escolares usuarios do comedor escolar, poderán presentar solicitude cubrindo a solicitude e o anexo III dos ficheiros adxuntos e achegándoo por correo electrónico ou presencialmente en secretaría.
O prazo para presentar solicitudes permanecerá aberto ata o día 22 de decembro de 2023.
A solicitude pódese presentar presencialmente ou correo electrónico.
Solicitude servizo de comedor curso 2023/24
O NOSO COMPROMISO | |
|
|
No comedor do CPI Mosteiro-Meis traballamos para ofrecer o mellor servizo e os mellores produtos ao noso alumnado, garantindo unha alimentación saudable.
Evitamos o uso excesivo de frituras, utilizando en todo caso aceite de oliva para realizalas. O aceite empregado para consumo en crú é aceite de oliva virxe extra.
Na medida do posible tamén utilizamos produto fresco e favorecemos o comercio local. O peixe e marisco mercámolo directamente nas nosas lonxas para o seu consumo no día.
|
Non usamos precocinados, todas as comidas elabóranse a partires de materias primas de calidade.
Filtramos e osmotizamos a auga para garantir a súa pureza e liberala de cloros.
Tamén levamos o rexistro de todos os produtos para non perder a trazabilidade dos mesmos.
|
![]() Xornadas gastronómicas |
![]() Funcionamento do servizo de comedor |
|
![]() Entradas |
![]() |
![]() Sobremesas |
![]() Nutrición |
|
Adxunto | Tamaño |
---|---|
anexoiii-2023-24.pdf | 108.66 KB |
Solicitude colaboración.pdf | 406.46 KB |