Tecnoloxía

Manuel María en graffitis

Etiquetas :

Na Semana das Letras Galegas, o alumnado de 2º ESO deu a coñecer a todo o centro o seu traballo.

Explicáronlle a todos os grupos de Primaria e a algún curso de Secundaria o proxecto realizado durante este curso.

Coa aplicación de móbil Aurasma escoitamos os vídeos de Manuel María gravados por eles...

32 POEMAS!

CASE NADA!


PARABÉNS A TODO O ALUMNADO DE 2º ESO POLO PROXECTO!

Os graffitis de Manuel María invaden o centro

Etiquetas :

Por fin chegou o momento de colocar todos os graffitis polo centro!

Non é necesario explicar o que fixemos... Podedes velo!

En imaxes...

En vídeo...

Non quedou un sitio do centro no que non deixaramos a nosa pegada!

Se instalas no teu móbil a aplicación del Aurasma e segues a "aquinta", podes escoitar o poema de Manuel María vinculado a cada graffiti!

 

Recitando a Manuel María na nosa biblioteca

Etiquetas :

O alumnado de 2° ESO, despois de gravar os vídeos recitando poemas de Manuel María, deseñou códigos QR para dar a coñecer o seu traballo...

Estes días colocaron todos os códigos QR nos libros deste autor que temos na biblioteca!

Para escoitalos só tedes que coller un dos libros e ler o código QR cun móbil!

Seguimos avanzando no noso proxecto, "Manuel María en graffitis"

Coma sempre, moitas grazas polo traballo!

Concurso de Estruturas

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO, coma todos os anos repiten proxecto...

Construción dunha estrutura de papel!

Unha vez rematadas todas as estruturas comprobamos cal delas soportaba máis peso!

Parabéns a todos os participantes!

En especial, aos campións e aos subcampións!

Manuel María en graffitis

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO, colaborando co proxecto de Centro deste ano, “Cidades visibles e invisibles”, está a realizar un pequeno proxecto “Manuel María en graffitis”.

Eliximos 32 poemas... Cada un deles relacionase cunha figura.

No primeiro trimestre, gravaron os vídeos de todos os poemas e realizaron, na aula de tecnoloxía, en madeira plantillas coas diferentes figuras que están relacionados cos títulos de cada poesía.

Estes foron os resultados!

 

Os graffitis chegan ao Rosal

Etiquetas :

O alumnado de Informática de 4º ESO, traballou cun programa de retoque fotográfico...

En diferentes edificios do Rosal colocaron graffitis de varios artistas!

E chegaron os graffitis ao Rosal...


Un bo traballo!

 

Produtos tecnolóxicos

Etiquetas :

O alumnado de Tecnoloxía de 2º ESO traballou con diversos Produtos tecnolóxicos...

Elaboraron uns carteis despois de investigar a aparición dun produto no mercado

Determinaron cal foi a necesidade que cubría ese produto, para que se utiliza e a súa evolución ao londo dos anos

Este foi o resultado...

Moitas grazas polo voso traballo!

Xaime e as landras

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO realizou unha adaptación do libro “Xaime e as Landras” de Tim Bowley e Inés Vilpi.

Deseñaron e construíron as árbores que ían formar parte do bosque.

Realizaron un Obradoiro de Tinguido de sisal, impartido por Gabriela.

Os nenos e nenas de 2º ESO contáronlle a historia ao alumnado de 3º EP do noso centro e aos nenos e nenas do Couso.

E comezaron coa historia...

Xaime plantou unha landra que xerminou e creceu, pero..

non todas as landras plantadas chegan a ser árbores...

Moitas grazas ao alumnado de 2º ESO e a todas as profesoras que participaron neste proxecto!

Actividades de retoque fotográfico

Etiquetas :

O alumnado de informática de 4º ESO rematou a unidade de retoque fotográfico realizando unha montaxe con, como mínimo, tres imaxes.

Estes foron os resultados

Que estrutura aguantará máis peso?

Etiquetas :

Imos averiguar, de todas as estruturas construídas polo alumnado de 2º da ESO, cal soporta máis peso

Cal será a que aguante máis peso?

Probamos con 50 kg!

Unha estrutura so soportou 70 kg!

As outras seguen resistindo peso!

Con 120 kg rompeu outra delas!

So sobreviviu unha aos 140 kg!

E aquí están os gañadores!

O final das outras estruturas!

E os 185 kg?

Xa non os resistiu!

Agora toca recoller!

Parabéns aos gañadores!

O resto dos participantes

pensade que o importante

é participar!

Ou iso din!

Agora quen pode responder a seguintes preguntas...

De que tipo de estrutura se trata?

Por que é difícil que se deforme aínda que estea feita con papel?

 

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design