Tecnoloxía

Concurso de estruturas 2019

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO volve a construír unha estrutura con tubos de papel e probar cal delas soporta máis peso...

Parabéns a todas e todos!

En especial aos que construiron a estrutura que aguantou máis!

QUEN SON AS ACTRICES E OS ACTORES?

Etiquetas :

O alumnado de TIC de 4º da ESO deseñou diferentes carteis de películas cun programa de retoque fotográfico...

Son as actrices e os actores destes carteis!

Obradorios no taller de Tecnoloxía

Etiquetas :

Na última semana de curso celebráronse moitos obradoiros no noso centro. E, por non ser menos, no taller de Tecnoloxía realizáronse dous obradoiros...

O alumnado iniciouse no manexo do programa que utilizan os mbot e deseñou un trazador mecánico!

Pasámolo moi ben!

Concurso de estruturas

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO, coma todos os anos repiten proxecto...

Construción dunha estrutura de papel!

Unha vez rematadas todas as estruturas comprobamos cal delas soportaba máis peso!

Grazas ao alumnado de primaria polos ánimos!

Parabéns a todos os participantes! E sobre todo, aos gañadores!

 

As nosas vivencias con 1º EP

Etiquetas :

O día do libro, o alumnado de 2º ESO B apadriñou ao alumnado de 1º EP. Compartiron varias lecturas con eles!

Uns días despois fomos á súa aula para recibir un agasallo. Un marcapáxinas coa letra dunha canción infantil... Gustounos moito!

Por último, invitamos a todo o grupo a visitar o noso taller e contarlles co que estabamos a traballar!

Están convidados á celebración do noso concurso de estruturas!

Coñecendo e aprendendo!

Etiquetas :

O día 23 de abril do 2018, o alumnado de 2º da ESO, estivo no CINBIO e en Tui. Devolvémoslle a visita a África González Fernández, visintádoa a ela e ao seu equipo no Centro de Investigaciones Biomédicas.

Unha visita moi interesante na que afondamos un pouco máis no seu traballo! Pasamos a tarde en Tui... Paseando e aprendendo! Todo alumnado intentou superar unha serie de retos relacionados coa vila e tamén coa Tecnoloxía...

Moitas grazas pola vosa participación e polo día tan agradable que pasamos!

 

Mulleres inventoras de todos os tempos

Etiquetas :

O alumnado de 2º ESO realizou unha labor de investigación sobre diferentes mulleres inventoras de todos os tempos.

E, con toda a información, deseñaron un cartel sobre a inventora...

Estes foron os resultados!

Moi bo traballo!

Concurso de pontes

Etiquetas :

Este ano, o alumnado de 2º ESO decidíu facer un concurso de pontes. Construíron pontes con tubos de papel de 50 cm de longo, 10 cm de ancho e 25 cm de altura.

Coma todos os anos realizamos un concurso para comprobar cal delas aguantaba máis peso. As últimas romperon aos 83 kg!

Grazas ao alumnado de 2º ESO... E a todos os que subiron as pontes!

Cidade de refugallo

Etiquetas :

O último proxecto deste curso foi a construción dunha cidade de refugallo...

Por parellas, deseñaron o seu edificio a partir dunha botella de plástico.

E, puxéronlle luz, montando un circuíto con tres lámpadas en paralelo.

Así quedou a nosa cidade!

cidade de refugallo

Moi bo traballo!

Grazas a todo o alumnado de 2° ESO!

Os graffitis invaden O Rosal

Etiquetas :

Xa chegou o bo tempo...

Co acordo da responsable de Cultura do Concello, repetimos os graffitis na zona de xogos infantís da Praza do Calvario, no corredor de acceso á Biblioteca Municipal e no interior da Praza de Abastos.
Deste xeito, calquera persoa cun dispositivo móbil e a aplicación de realidade aumentada descargada pode
escanear a silueta da parede e ver no vídeo a dous rapaces veciños recitando o poema.

Agora só nos falta colocalos nas paradas de bus...

Distribuir contido


Feito con Drupal (ver. 6.28)

 


Proxecto Webs dinámicas

Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013
- Designed by EZwpthemes Drupalized by Azri Design