Complementarias

Día da Paz no CPI de Xanceda

O día 30 de xaneiro celebramos o Día da Paz e a Non Violencia Escolar. No CPI, formamos a palabra PAZ cos nosos corpos para simbolizar que a PAZ comeza con NOS. Tamén enchemos de PAZ os pasillos coas nosas Pegadas no Chan como símbolo do camiño por percorrer, ao remate do cal realizamos un mural coas mensaxes dos diferentes cursos.  Nas escaleiras de Secundaria pegáronse versos pola PAZ.

Powered by Drupal - Design by artinet