AXUDAS MÁSCARAS

AXUDAS MÁSCARAS

Aberto o  prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria (Orde do 06 de novembro de 2020)

Beneficiarios

Alumnado de primaria e secundaria que pertenza a  familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (datos renda ano 2018), ou estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar

Prazo de presentación solicitudes:

 Ata o día 27 de novembro de 2020

Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude

Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que no seu día non solicitaran as axudas de material escolar

As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.

En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.

Powered by Drupal - Design by artinet