MEDIDAS A ADOPTAR NOS EXAMES DE SETEMBRO

                                                           

                                              MEDIDAS A ADOPTAR NOS EXAMES DE SETEMBRO

 

 O alumnado con materias pendentes para setembro deberá ter en conta as seguintes normas:

- Estar cinco minutos antes do comezo do examen. O acceso ao centro será pola porta de secundaria.

- O alumnado entrará só xa que os/as pais/nais non poden acceder ao interior do recinto.

- Ao acceder ao centro e á entrada e saída da aula deberán ter en conta as medidas hixiénicas:

lavado de mans, desinfectar mesa e cadeira ao principio e ao final do exame.

- Os exames serán na aula de Desdobre 1. Cada alumno/a ocupará a mesa sinalizada co seu nome. Deberá

traer o seu propio material (bolis, lapis… ) xa que está prohibido compartir material.

- Deberán vir con mascarilla, respectar a distancia de seguridade en todo momento e unha vez

finalizado o exame abandonarán orecinto cando veñan a recollelos. Sería recomendable que os/as pais/nais

esperaran durante o exame fóra do recinto para aqueles alumnos/as que teñan un só exame. Para aqueles

alumnos/as que teñan máis dunha materia pendente permanecerán noutra aula co profesor de garda ata que

de comezo o seguinte exame.

Recoméndase aos pais/nais que estén pendentes da finalización dos exames para recoller ao

alumnado.

Powered by Drupal - Design by artinet