ADAPTACIÓNS PROGRAMACIÓNS

ADAPTACIÓNS DAS PROGRAMACIÓNS DO TERCEIRO TRIMESTRE CURSO 2019/2020

Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO

RESTABLECEMENTO DO PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Resolución de 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería da Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia, que no ámbito educativo establece entre outros acordos o restablecemento do prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Tamén se establecen os novos prazos do procedemento que se reducirán á metade. Información no arquivo adxunto.

A partir do día 11 de maio, o Centro estará aberto para o trámite de admisión, en horario de mañá, de 10 a 13 horas, para as familias que non o tiveran formalizado antes do decreto do Estado de Alarma. Concretar antes a cita por teléfono.

TELÉFONO DE ADMINISTRACIÓN E CONSERXERÍA- 881880755

Información inico do terceiro trimestre

INFORMACIÓN NA PÁXINA edu.xunta.gal ou no seguinte  enlace

EspazoAbalar AbalarMóbil

 

VENRES 3 ABRIL  POLA TARDE, AS FAMILAS PODERÁN CONSULTAR AS NOTAS DA 2ª AVALIACIÓN NO ESPAZO ABALAR OU  NO ABALARMÓBIL

https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/

AXUDAS COMEDORES

Aberto o prazo para solicitar axudas comedores

DO 31 DE MARZO AO 6 DE ABRIL

 

ÁNIMO, FORZA!!!

MOITO ÁNIMO E FORZA.....CADA VEZ QUEDA MENOS....

ADMISIÓN ALUMNADO

PROCESO DE ADMISIÓN

Segundo o establecido na disposición adicional terceira do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crisis sanitaria ocasionada polo COVID-19 e no apartado sétimo do Acordo do Centro de Coordinación Operativa (Cecop), mediante o que se adoptan medidas preventivas en lugares de traballo do sector público autonómico como consecuencia da evolución epidemiolóxica do coronavirus COVID-19 interrómpense o prazo para a presentación de solicitudes deste procedemento. O cómputo dos prazos reiniciarase no momento en que perda vixencia o acordo ou, se é o caso, as prórrogas deste.

Información

Recoméndase ás familias:

 

  • descargar abalarMóbil e /ou tokapp.
  • consultar a página do Centro
  • o alumnado edixgal, consultar edixgal diariamente.
  • o alumnado con cursos na aula virtual do Centro, consultar diariamente

 

Correo para comunicar incidencias:

incidenciascpixanceda@gmail.com

 

Infomación para as fmilias.

O correo do centro:

cpi.xanceda@edu.xunta.gal

O alumnado recibirá vía telemática as tarefas.

abalarMóbil, tokapp, aula virtual.....

Powered by Drupal - Design by artinet