AXUDAS MÁSCARAS
AXUDAS MÁSCARAS
Aberto o prazo para a solicitude de máscaras entre o alumnado de Educación Primaria e Educación Secundaria (Orde do 06 de novembro de 2020)
Beneficiarios
Alumnado de primaria e secundaria que pertenza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 € (datos renda ano 2018), ou estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renda da unidade familiar
Prazo de presentación solicitudes:
Ata o día 27 de novembro de 2020
Aos alumnos que contan con axudas de material escolar da Xunta as máscaras seranlles asignadas de xeito directo, polo que non precisan tramitar a solicitude
Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que no seu día non solicitaran as axudas de material escolar
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde estea matriculado o alumnado, utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, http://sede.xunta.gal.
En caso de exclusión na listaxe provisional, as persoas afectadas poderán formular reclamación ante o centro docente nos dous días hábiles seguintes ao da súa publicación.
MENÚS DO PRIMEIRO TRIMESTRE
CONSULTAR OS MENÚS NO SEGUINTE ENLACE:
Correxido erro no menú do 30 de outubro
OU NA SECCIÓN DE COMEDOR
FondoLibros
Listaxe definitiva de libros adxudicados.
As familias poden consultar a adxudicación na aplicación FondoLibros.
Para las familias que non usaron a aplicación recibirán unha mensaxe cos libros asignados ou poden chamar ao Centro
PROTOCOLO COVID 2020/2021
PROTOCOLO COVID 2020/2021
Enquisa de autoavaliación clínica
Modelo de declaración responsable familias
PLAN DE CONTINXENCIA
PLAN DE ACOLLIDA
INICIO CURSO 2020/2021
INICIO CURSO 2020/21
Adxuntamos documento coas datas de inicio do curso e normas básicas do protocolo COVID 19.
Proximamente publicarase o protocolo completo
MEDIDAS A ADOPTAR NOS EXAMES DE SETEMBRO
MEDIDAS A ADOPTAR NOS EXAMES DE SETEMBRO
O alumnado con materias pendentes para setembro deberá ter en conta as seguintes normas:
- Estar cinco minutos antes do comezo do examen. O acceso ao centro será pola porta de secundaria.
- O alumnado entrará só xa que os/as pais/nais non poden acceder ao interior do recinto.
- Ao acceder ao centro e á entrada e saída da aula deberán ter en conta as medidas hixiénicas:
lavado de mans, desinfectar mesa e cadeira ao principio e ao final do exame.
- Os exames serán na aula de Desdobre 1. Cada alumno/a ocupará a mesa sinalizada co seu nome. Deberá
traer o seu propio material (bolis, lapis… ) xa que está prohibido compartir material.
- Deberán vir con mascarilla, respectar a distancia de seguridade en todo momento e unha vez
finalizado o exame abandonarán orecinto cando veñan a recollelos. Sería recomendable que os/as pais/nais
esperaran durante o exame fóra do recinto para aqueles alumnos/as que teñan un só exame. Para aqueles
alumnos/as que teñan máis dunha materia pendente permanecerán noutra aula co profesor de garda ata que
de comezo o seguinte exame.
Recoméndase aos pais/nais que estén pendentes da finalización dos exames para recoller ao
alumnado.
LISTADOS DEFINITIVOS LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
PUBLICADOS LISTADOS DEFINITIVOS EDUCACIÓN PRIMARIA LIBROS E AXUDAS MATERIAL ESCOLAR
Consulta a través da plataforma https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ con chave 365 ou Certificado Dixital e tamén no centro.
Ao longo da semana enviarase unha mensaxe ao alumnado cos libros que lle corresponden e importe cheque.
A entrega de libros realizarase en setembro.
A entrega de cheques realizarase do 20 ao 24 de xullo
Só poderá acceder ao centro un adulto por familia, con mascarilla e deberá traer bolígrafo
Coa recollida do cheque deberán entregar os impresos que poden descargarse aquí en adxuntos :
-
Autodeclarción comedor
-
Imaxe
-
Transporte
As listas definitivas de ESO publicaranse en setembro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- …
- seguinte ›
- última »