Skip to Content

Curso 2023-2024

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS CURSO 2024/2025

Xa temos data para as Xornadas de Portas Abertas, dirixida ás familias do novo alumnado para o próximo curso 2024/2025.

Podedes anotarvos no teléfono: 886110512 ou a través do correo electrónico do centro: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Agardamos a vosa visita!

 

Escanea no código QR para coñecer mellor o noso cole, ou pincha no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=HjpiWLPCHNU

SEXTA EDICIÓN DO CONGRESO DE INNOVACIÓN NA FORMACIÓN PROFESIONAL (FP Innova2024)

25/04/2024 16:20
Europe/Madrid

Un ano máis os alumnos e alumnas de 6º de primaria , 1º e 2º de secundaria iremos pola mañán ao MUPEGA e pola tarde ata o Museo Centro Gaiás na Cidade da Cultura de Santiago, para gozar dun evento que vira sobre as novas tecnoloxías e proxectos de innovación aplicada .

A visita permitiranos tamén poder participar nos diferentes talleres que se organizan sobre temas como creación de videoxogos, drone soccer, realidade virtual e aumentada,impresión 3D láser ...

 

PLAN DIRECTOR "CIBERSEGURIDADE"

22/04/2024 16:08
Europe/Madrid

Como vén sendo costume, o noso centro desde o departamento de orientación , solicita dentro do chamado PLAN DIRECTO PARA A CONVIVENCIA E MELLORA DA SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E O A SÚA CONTORNA, charlas para os nosos alumnos/as sobre temáticas que considera interesantes.

Este ano a charla irá sobre a CIBERSEGURIDADE, e está pensada para os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria.

BIBLIOPAZOS "DÍA MUNDIAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR"

26/04/2024 16:00
Europe/Madrid

Nesta ocasión a biblioteca de Pazos tennos preparado uns contos no auditorio do concello.

Será ás 13:00 horas e poderemos asistir os nenos e nenas de 3º a 6º de primaria.

A actividade leva por título "RAPOSADAS" e estará dirixida por Raquel Queizás.

BIBLIOPAZOS "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO"

23/04/2024 15:53
Europe/Madrid

Con motivo da celebración do Día Internacional do Libro, este martes teremos un contacontos.

Iremos ata o auditorio do concello e será a compañía TRÉMOLA TEATRO, a encargada de facernos pasar un bo intre con "A NENA QUE SE COMÍA TODOS OS CONTOS".

-Ás 11:15 h irán os E.I. e 1º,2º de primaria

-Despois do recreo, ás 13:00 h de 3º a 6º de primaria

MUSEOS CIENTÍFICOS CORUÑESES

19/03/2024 15:52
Europe/Madrid

Neste día os alumnos de 5º, 6º de primaria e 1º, 2º da ESO pasaremos unha xornada na cidade da Coruña.

As visitas están programadas da seguinte maneira:

-11:30 Acuario (aproveitaremos para comer na cantina)

-15:00 Casa das Ciencias (Salas de Exposicións)

-16:00 Casa das Ciencias (sesión de Planetario)

 

O comedor do cole, como de costume encargarase de mandar bocadillos, bebida e froita para todo o que queira.

A chegada ao cole será sobre as 19:00 aproximadamente.

Distribuir contido


by Dr. Radut