Skip to Content

Novas

BECAS E AXUDAS

Recordamos que está aberto o prazo para solicitar as becas para estudos postobrigatorios para o curso 2024/2025; así como para as axudas para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo. Deixamos aquí o enlace:

 

https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas.html

ROUPA ESQUECIDA NO CENTRO

Ao longo do curso foron quedando prendas esquecidas no cole. Aquí vos deixo as imaxes, e se recoñecedes algo que poida ser voso, vinde a recollelo antes do 28 de xullo, en horario de 9:30 a 13:30. Todo o que non se recollera nesa data, será doado a algunha organización.

DÍA DE ROSALÍA

DÍA DE ROSALÍA

Dia de Rosalia

 

Familias!

DATAS DAS AVALIACIÓNS DO CURSO 22-23

Neste curso as datas de entrega dos boletíns das avaliacións quedan do seguinte xeito:

Infantil e Primaria:

1ª Avaliación: 22 decembro.

2ª Avaliación:31 de marzo.

3ªAvaliación: 21 de xuño.

PROPOSTA ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

A ANPA presentou a seguinte oferta de actividades extraescolares para este curso 22/23.

CAMPAÑA RECOLLIDA DE XOGUETES

Dende a ANPA estase a facer un recollida de xoguetes. Aquí vos deixamos o seu cartel coa información:

 

INFORMACIÓN SOBRE O INICIO DE CURSO NA ESO

Tal como se informou a semana pasada, as datas de inicio de curso en Secundaria son as seguintes:

              Mércores 23: 1º + 2º de ESO

              Xoves 24:       3º de ESO

              Venres 25:     4º de ESO

Os horarios de entrada e saída son os mesmos que en cursos anteriores (09:30 - 15:30h). Os servizos de comedor e transporte escolar funcionarán dende o primeiro día.

O horario de comedor para ESO será de 13:10h a 13:50h.

O alumnado deberá traer mascarilla, así como unha de reposto nun estuche ou bolsa para gardala.Tamén un bote pequeno de hidroxel que se lle irá enchendo no centro a medida que se lle agote.

As familias non poderán acceder ó centro sen cita previa, tal como establece o protocolo da Consellería.

Teléfono para solicitar cita (SECRETARÍA): 886 11 05 12

Correo electrónico: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal

Grazas pola vosa colaboración.

INICIO DE CURSO PARA EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA

A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, anunciou o venres o adiamento nunha semana do inicio de curso en Secundaria, que queda establecido do seguinte modo:

   Mércores 23: 1º + 2º de ESO

   Xoves 24:       3º de ESO

   Venres 25:     4º de ESO

De producirse algunha novidade sería notificada dende o centro.

Grazas pola súa colaboración.

INICIO DO CURSO PARA O ALUMNADO DE INFANTIL E PRIMARIA

Debidas ás circunstancias extraordinarias que estamos vivindo, como consecuencia da Covid-19,  o inicio de curso farase de xeito gradual por cursos:

- xoves 10 de setembro de 2020: incorpóranse 4º e 5º de Infantil e 1º, 2º e 3º de Primaria.

- venres 11 de setembro de 2020: incorpóranse 6º de Infantil e 4º, 5º e 6º de Primaria.

O horario será o habitual dende o primeiro día (9:30- 14:30h), salvo para os/as alumnos/as de 4º de infantil, que están co período de adaptación. Haberá transporte e comedor dende o día 10.

NOTA 1: Recórdase que é obrigatorio o uso de máscara a partir dos 6 anos (será preciso traer unha segunda máscara de reposto), e recoméndase o uso da mesma ata os 5 anos.

NOTA 2: Os familiares non poderán acceder ao centro, excepto no caso dos alumnos de infantil ( só un familiar por neno)

Un saúdo e bo comezo!

Distribuir contido


by Dr. Radut