Skip to Content

I CONGRESO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA E DIXITAL

O NOSO COLE ESTÁ DE NORABOA!!!

A titora de 5º de primaria, Uxía Porritt, grazas a súa magnífica labor no campo da innovación dixital, levada a cabo co alumnado de 5º e 6º de primaria neste curso, foi convidada a participar no "I Congreso de Innovación Educativa Dixital", que tivo lugar en Santiago. Por este motivo,  na xornada do mércores 11, este alumnado puido desfrutar dun día cheo de emocións, onde ademais de participar en diferentes obradoiros sobre o último en innovación tecnolóxica aplicada ao ensino ( drons, robótica, scape room, impresión 3D,...), tiveron a gran sorte de coñecer a David Aguilar, todo un exemplo de superación para os nosos nenos e nenas. Aquí deixamos unhas imaxes:



page | by Dr. Radut