Skip to Content

O Magosto

O magosto é unha celebración festiva e popular, tradicional en toda Galicia, organizada en torno á recollida das castañas. As xentes reúnense e asan as castañas nunha fogueira ao aire libre e festexan ese froito tan sabroso e tan usado na cociña dende hai moito tempo.

Tixola para asar castañas

Aínda que se trata sobre todo dunha festa gastronómica, tamén ten outros moitos aspectos culturais relacionados como contos populares, cantigas, refráns, bailes, etc.

Vemos algúns exemplos:

Refráns:

    As castañas do castiñeiro hainas que asar no asadeiro.
    Castañas, noces e viño fan a ledicia de san Martiño.
    Con castañas asadas e sardiñas salgadas non hai ruín viño.
    Fíate nas castañas asadas, que se estoupan sairanche á cara.
    Non hai ruín viño con castañas asadas e sardiñas salgadas.
    Polo san Martiño, castañas e viño.
    Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e mosto.
    Por san Martiño faise o magosto con castañas asadas e viño ou mosto.
    Se o mes de agosto vén claro, bo magosto e bo nabo; se vén nubrado, poucas castañas e nabos furados.


Cantigas:

    Acabáronse as vendimas/ e veñen as esfolladas,/ para comer coas mozas/ catro castañas asadas.
    Con castañas asadas/ foxe o friíño;/ con pescada salpresa/ no hai ruín viño.
    Non chas quero, non chas quero,/ castañas do teu magosto,/ non chas quero, non chas quero,/ que me cheiran ó chamosco.
    Non as quero , non as quero/ castañas do teu maghusto/ levo-as na faltriqueira/ para comer a meu gusto.
    "A castaña no ourizo/eu ben sei o que ela fai/se é pequena ela medra e se é madura ela cae".
 

Algún conto tradicional que fala desta costume tan antiga é por exemplo o Conto da Castañeira.

Tamén temos numerosos bailes que os nosos nen@s poden aprender como é o caso do seguinte: tres castañas polo chan

 

AdxuntoTamaño
magostos-bierzo-955x451.jpg196.03 KB
o-magosto-a-castaa-en-galiza-9-638.jpg172.96 KB
MAGOSTO 1.jpg32.54 KB
tg_carrusel_cabecera_grande.jpg288.63 KB
manualidad II.jpg25.55 KB


page | by Dr. Radut