Skip to Content

Becas alumnado necesidades especiais (TDAH , TEA-Autismo e Altas Capacidades)

Ministerio de Educación y Formación Profesional
 
BECAS MEC para o alumnado con necesidades educativas especiais (TDAH, TEA-autismo e Altas Capacidades)
Convocatoria 2023-2024
 
 
Informarlles que o Ministerio de Educación e Formación Profesional, ven de abrir o prazo para solicitar estas becas de estudos, destinadas ao seguinte alumnado :
 
 
- Alumnado diagnosticado de TDAH (Trastorno polo déficit de atención por hiperactividade)
- Alumnado diagnosticado de Trastorno do espectro autista (TEA) e que requira apoios e atencións educativas específicas.
- Alumnado que padeza discapacidade ou trastornos graves da conducta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociados a necesidades educativas especiais.
- Alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado ás Altas Capacidades Intelectuais.
 
PREGAMOS LEAN ATENTAMENTE AS BASES, pois esta convocatoria non afecta a todo o alumnado, soamente a determinadas casuísticas, que precisan estar previamente diagnosticadas e certificadas.
 
 
 
A solicitude é telemática, dende a páxina web do Ministerio de Educación e Formación Profesional:
 
 
 
O prazo para solicitar a axuda e presentala no centro educativo con toda a documentación, é o seguinte: 
Dende o 8 de maio ata o 20 de setembro de 2023 
 
 
 
 
 
 
 
 
 


page | by Dr. Radut