1º Premio de Innovación Educativa. Plan Proxecta. ANCARÍZATE!

O pasado 1 de xuño, os nenos e nenas do CPI de Cervantes fixemos unha excursión ó Parque Natural de Corrubedo. Pero non foi unha viaxe calquera, foi a nosa recompensa polo duro traballo que fixemos no curso 2015/2016, participamos no Plan Proxecta dentro do programa Naturézate e, co noso proxecto interdisciplinar ANCARÍZATE gañamos o 1º PREMIO DE INNOVACIÓN EDUCATIVA.

Nesta viaxe fixemos unha visita guiada ó CIELGA, coñecemos a flora e a fauna do parque percorrendo as súas pasarelas, visitamos o faro, a duna móbil e incluso nos mergullamos na praia do Vilar!!

 

Theme by Danetsoft and Danang Probo Sayekti inspired by Maksimer