Boas rapaces! O vindeiro 30 de xaneiro é o DÍA DA PAZ, polo que vos deixamos un fermoso conto titulado "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ" contado polos alumnos do Cpi Mosteiro-Meis,a súa autora é Jeanette Winter e a editorial Ekaré. Agardamos que vos guste esta fermosa historia protagonizada por Wangari no MONTE KEKIA en África.
Ola artistas! Xa sabesdes que a Kandinsky lle gustaba moito pintar escoitando música clásica e en especial escoitar ao compositor alemán RICHARD WAGNER. Deixámosvos aquí a CABALGATA DAS VALKIRIAS composta por este artista e interpretada pola Orqueta Sinfónica de Galicia. Agardamos que vos guste como lle gustaba a Kandinsky.
OLA RAPACES! A PROPOSTA DE HOXE É QUE VEXADES ESTE FERMOSO CONTO TITULADO " GARABATO E TINTA. O CONCURSO ". AUTOR ETHAN LONG. EDITORIAL LATA DE SAL. COMPROBAREDES O IMORTANTE QUE É O VALOR DAAMIZADE E APRENDER A COOPERAR. AGARDAMOS QUE VOS GUSTE AMIGOS.
Boas tardes rapaces! Comezamos a semana presentándovos a un artista ao que tamén lle gustaba moito xogar coas cores e pintar escoitando música clásica, chámase WASSILY KANDINSKY. Para saber máis observade o vídeo que vos deixamos a continuación. Agardamos que vos guste.