Ola amigos! A profe Fátima deixouvos un xogo para discriminar o son S e Z. Agardamos que vos guste. Copiade e pegade o seguinte enlace no navegador para poder acceder ao xogo.
Boas familias! Comezamos a semana dunha forma lúdica, divertida e máxica. Deixámosvos un conto cheo de sorpresas, o seu título é "Un libro" da editorial Kókinos, o seu autor é Hervé Tullet. Quen quere convertirse en mago?
Bos días familias! Esta semana traballamos as matemáticas de forma divertida, significativa e manipulativa. Quen se apunta?. Clasificamos calcetíns, animais, facemos xogos de simetría, experiencias de flotabilidade...
Boa tarde familias! Quen se apunta á xogar ao bingo monstruoso? Unha boa opción de pasar unha tarde entretida en familia é xogar ao bingo. Deixámosvos un bingo de samaín que podedes descargar, como fichas podedes empregar fabas, garavanzos, caramelos... Lembrade que o gañador quedará con tódolos caramelos, fabas ....
Bos días familias! Queremos compartir con vós a canción do conto CORRE, CORRE CABACIÑA. Despois de cantala e bailala, invitámosvos a que fagades o puzzle da cabaciña. Podedes ver a canción e o puzzle nos seguintes enlaces: