Lingua Galega

Os nosos partidos políticos

O alumnado de 5ºB afondouse durante o segundo trimestre no estudo da poboación e a súa organización. Tras coñecer o funcionamento da sociedade dende os últimos anos ata a actualidade así como os cargos necesarios para que esta poida seguir evolucionando, o alumnado distribuiuse en grupos onde puido deseñar o seu propio partido político coas sùas ideas e a súa forma de entender a sociedade. Así aprenderon a traballar en equipo, contrastar diferentes puntos de vista, chegar a acordos, respectar as opinións dos demáis... promovendo valores e desenvolvendo as Competencias Sociais e Cívicas.

Como resultado, os discentes expuxeron un cartel publicitario do seu partido onde se recollían as súas principais ideas, obxectivos, cargos, valores e propostas para a sociedade, desenvolvendo así a Competencia Lingüística, potenciando principalmente a expresión escrita. Ademais, para fomentar a destreza da expresión oral o alumnado presentou aos seus compañeiros/as o seu partido político e finalmente, tras cada exposición, realizamos un debate respecto ás propostas feitas. Deste xeito tamén se traballou a Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor, pois eran os discentes os que elaboraban as propostas.

Partido Político Movemento Laranxa

Partido Político Os Dereitos Xenerosos

Traballamos a descripción de persoas

Ao longo do segundo trimestre, para a mellora da expresión escrita e da expresión oral, levamos a cabo diversos xogos e actividades nas que o alumnado de 5ºB debía compartir as súas emocións e ideas aos demáis.

Unha desas dinámicas foi o xogo Son mellor do que pensaba! no que os nenos e nenas se tiñan que mover ao son da música e, cando esta parase, obedecer á orde que a mestra lles aportaba (darse unha aperta en grupos de tres, agarrarse unha orella por parellas...). Ademáis debían escribir no corazón pegado ás costas de cada compañeiro/a unha pequena descripción falando das súas virtudes, de cousas boas que fan... que logo expuxeron ao resto da aula.

Pasárono de marabilla! E o mellor foi que descubriron moitas cousas boas deles mesmos/as das que non eran conscientes. Deste xeito desenvolvemos a Competencia Lingüística, as Competencias Sociais e Cívicas e a Competencia Artística mentes nos movíamos ao ritmo da música.

 

Actividade ''Son máis bo do que pensaba''

Actividade ''Son máis bo do que pensaba''

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión