Os nosos partidos políticos

O alumnado de 5ºB afondouse durante o segundo trimestre no estudo da poboación e a súa organización. Tras coñecer o funcionamento da sociedade dende os últimos anos ata a actualidade así como os cargos necesarios para que esta poida seguir evolucionando, o alumnado distribuiuse en grupos onde puido deseñar o seu propio partido político coas sùas ideas e a súa forma de entender a sociedade. Así aprenderon a traballar en equipo, contrastar diferentes puntos de vista, chegar a acordos, respectar as opinións dos demáis... promovendo valores e desenvolvendo as Competencias Sociais e Cívicas.

Como resultado, os discentes expuxeron un cartel publicitario do seu partido onde se recollían as súas principais ideas, obxectivos, cargos, valores e propostas para a sociedade, desenvolvendo así a Competencia Lingüística, potenciando principalmente a expresión escrita. Ademais, para fomentar a destreza da expresión oral o alumnado presentou aos seus compañeiros/as o seu partido político e finalmente, tras cada exposición, realizamos un debate respecto ás propostas feitas. Deste xeito tamén se traballou a Competencia en Sentido da Iniciativa e Espírito Emprendedor, pois eran os discentes os que elaboraban as propostas.

Partido Político Movemento Laranxa

Partido Político Os Dereitos Xenerosos

Partido Político Paz, Amor, Amizade

Partido Político Sempre Amigos

 

Igualdade, Convivencia e Inclusión