cooperativo

Mapas conceptuales.

Coa axuda dos Ipads os nenos e nenas de segundo de primaria aprenderon a facer mapas conceptuais cunha aplicación bastante sinxela, Poppet live. Cada equipo traballou un concepto: materia, luz, son e forza.  Creamos un equipo novo de expertos: Tics, escritura, mapas conceptuais e deseño e debuxo. Unha vez que o experto sabía o que tiña que facer volvía o equipo base para explicar o que aprendeu, a través de diferentes tarefas formuladas en forma de estrutura cooperativa.

VIAXE AO ESPAZO.

Estivemos traballando en ciencias sociais o tema do espazo coas estructuras cooperativas complexas. Formamos grupos de expertos, un neno ou nena de cada grupo converteuse en experto en... Tics, escritura, debuxo e deseño e mapas conceptuais.

VIAXE AO ESPAZO.

Estivemos traballando no tema do espazo en ciencias sociais. O reto foi utilizar unha estrutura complexa. O primieiro paso foi que o grupo de expertos aprenderan  a búsqueda de información coa estrutura 1,2,4 trasmitirllo o seu grupo base. Logo elaboramos os mapas conceptuais coa aplicación Poppet LIVE e montamos os murais.

Lapis ao centro en sociais.

Os rapaces colocan os lapis ao centro e por quendas cada neno realiza un ejercicio en voz alta, os demais o corrixen ou amplían a información. Logo collen o lapis e escriben a resposta consensuada. O turno pasa o seguinte compañeiro. Aquí traballamos os sectores, as profesiones e profesionais.

1,2,4 en sociais.

No tema de sociais de profesión e sectores analizamos a elaboración dun iogur dende o sector primario ata o terciario.

Cooperativo en mates.

Dentro da asignatura de matemáticas os nenos traballan dúas sesións que se corresponden coa primera e terceira semana do mes. As estructuras son lapis ao centro, 1,2,4, parada de tres minutos e folio xiratorio.

Taballamos en cooperativo.

Neste curso inicíamonos no traballo cooperativo. Estivemos reforzando a cohesión grupal con diferentes dinámicas. Logo pasamos a distribuir os papeis de encargado, coordinador, secretario e axudante. Cada tres estrucuturas fixeron o seu diario no ordenador.

As súas normas.

Na clase de 1ºA estamos iniciándomos no traballo cooperativo. Coa dinámica do grupo nominal, entre os diferentes grupos base propuxeron as normas que querían para a convivencia diaria. Logo todas foron aportadas na pizarra e por grupos tiveron que votalas. 

As normas que guiaron a nosa aula durante este trimestre foron:

Distribuir contido

Igualdade, Convivencia e Inclusión